Navegación por
Mes: Xaneiro 2020

Samede vai a Bulgaria

Samede vai a Bulgaria

Un grupiño de “tolos” polas Tradicións, e polos Entroidos Tradicionais en particular, imos viaxar a Bulgaria para “espallar” un pouquiño da nosa cultura inmaterial polo mundo adiante. Sen axudas institucionais nin de outro tipo, simplemente co esforzo persoal e económico de cada un dos participantes algunha pequeniña axuda de un par de firmas comerciais, seremos quen de achegar un chisquiño do noso “país” a un dos lugares con mais tradicón en mascaradas ancestrais de todo o mundo, e de Europa…

Ler máis Ler máis

ViBoMask 2020

ViBoMask 2020

O noso Entroido foi convidado a participar na VI Edición da Mascarada Ibérica que se celebra os días 11-12 de xaneiro do 2020 en Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Alí estaremos xunto co resto de 46 grupos de mascaradas de España, Portugal e Italia. Sempre é unha honra poder participar e aportar o noso gran de area neste tipo de xuntanzas, estreitando lazos co resto de mascaradas. Entrodízate con Samede!!!