Entroido de Samede

"Sempre houbo mellor Entroido en Samede que en ningún sitio!"

Author: Diaño Cichol (page 1 of 2)

Mazcaraes d´Inviernu Valdesoto 2018 video

Entroido Galego de Cardedeu

Ref. Info

+Info Asemblea Cultural Galega de Barcelona

XI Xornaes de Mazcaraes d´Inviernu Valdesoto

XI Xornaes de Mazcaraes d´Inviernu Valdesoto Siero
28 febreru 1/4 marzu 2018

Eiquí estaremos, convidados polos Guirrios

Petisco de fotos do Entroido Grande

Presentación das fotos en Xeito “Troula Vixigueira”

Calidade das fotos “Vixigueira”

 

O Pregón do Antroido de Samede 2018:

“Grazas as tradicións existen os pobos, e grazas aos pobos existen as tradicións.

Son o mapa e o compás para saber cal é o lugar que os individuos ocupan no mundo.

Un mundo cada vez máis cosmopailán, onde as persoas non saben nin de onde veñen nin onde van.

A masa que xunta os ladrillos da construción social, iso é o que facedes eiqui.

Grazas aos participantes por recuperar e sobor de todo grazas aos que antes que nós fixeron que chegaran ata nós.

Grazas Pobo de Samede

Como despois de todo inverno chega unha primaveira.

E hora de mornear as chocas, de bailar , troulear e de esmorgar.

Saúde e adiante Pobo de Samede”

Lumeeeee !!!!!

 

 

 

Fotógrafos:

Mónica Gómez

Javier Otero

Dolores Vázquez

 

Grazas

Bando Antroideiro Samedés

 

Vedrañas e Petrucios

Dons e Donas

Nenas e Rapaces

Pícaros e Cativas

Aos de Aquém …

e aos do Além.

 

Pregase veñan vestidos segundo as Leis do Santo Antroido de Samede dictan:

Traxes vernáculos de Antroido enxebre rural.

No caso contrario os Sagrados Vixigueiros zorregaran sen piedade nin compaixón a todos os infractores.

 

Guía Urxente para Novos Entroidos Ancestrais ( Rurais e Urbans )

Documentación Antroidos Tradicionais

Charles Fréger

 

Participación e Respecto

Fabricación dos Traxes de Entroido na casa a ser posíbel con elementos tradicionais e naturais

Vale: Mascaras feitas na casa de madeira, cortizo, fariña, engrudo, papel maché, sacos, trapos,pelicas, etc

Roupa vella, sabas, colchas,trapos,farrapos,pelicas,etc.

Elementos naturais , carrabouxos, follas, mimbios, paos,etc.

Non vale: Disfraces mercados , nin chineses, plasticallos, etc.

Ven e Participa!!!

 

Entroido Grande

18-02-2018 12:00 Ermida de Samede ou Bar Beade

12:00 Eucaristia Vixigueira e baixada dos Vixigueiros e Besta dende o Castro de Samede

13:00 Muiñeira Cruzada de Samede.

16:00 Xuízo de Policarpio.

 

Entroido Pequeno de Samede 2018

E Antroido, é Samede, …. e si chove, que chova….

A troula continua…

Fotos a continuación Fernando Berani.

 

Un pobo que quere..

Cando quere…

Pode!

Lumeeeeee !!!!

Fotografía: Fernando Berani

Cartaz e programa de Entroido 2018

Cartaz Entroido de Samede 2018

Cartaz Entroido Samede 2018  pdf 16.5mb

Pasquín Entroido de Samede 2018

Estamos a Recuperar un Entroido Rural Tradicional no

Lugar de Samede Parroquia de San Xiao de Vigo Concello de Paderne Bisbarra de Betanzos A Coruña Galicia

Veñas de onde veñas es moi benvido a PARTICIPAR

30-12-2017 10:00 Bar Beade

Obradoiro de Entroido 1

( materiais, máscara, traxe, enxoval )

07-01-2018 10:00 Bar Beade

Obradoiro de Entroido 2

( materiais, máscara, traxe, enxoval )

11-01-2018 10:00

Chegada de Policarpio

14-01-2018 10:00 Bar Beade

Obradoiro de Entroido 3

( materiais, máscara, traxe, enxoval )

Entroido Pequeno

11-02-2018 12:00 Ermida de Samede

12:00 Baixada dos Vixigueiros e Besta

Entroido Farrapeiro

13-02-2018 16:00 Ermida de Samede

16:00 Baixada dos Vixigueiros e Besta dende o Castro de Samede

Entroido Grande

18-02-2018 12:00 Ermida de Samede

12:00 Baixada dos Vixigueiros e Besta dende o Castro de Samede

13:00 Muiñeira Cruzada de Samede.

16:00 Xuízo de Policarpio.

 

Materiais para os Obradoiros de Entroido:

Xornais vellos, cola carpinteiro, escaiola, pintura negra, vermella, branca, fitas e lás de cores, plumas, graos de millo, landras,carrabouxos, cunchas, chiles, sacos café ou patacas, corda esparto, sisal ou similar, sedal, codia bidueiro ou similar, binchas de porco ou vaca.

Ferramentas:

Pinceis, botellas plástico, xornais, tesoira.

Ven e Participa !!!

Eres benvido, sempre e cando veñas vestido de Entroido Rural Tradicional.

Participación e Respecto

Fabricación dos Traxes de Entroido na casa a ser posíbel con elementos tradicionais e naturais

Vale; Roupa vella, mascaras feitas na casa…

Non vale: Disfraces chineses, plasticallos…

 

Obradoiro de Mascaras de Vixigueiro

Mascaras de Vexigueiro de Samede Tipo Otero de Luis Otero

Mascaras de Vixigueiro de Samede Tipo Candelas de Diaño Cichol

Pedro G. Losada

por Pedro G. Losada

por Pedro G. Losada

Mascaras de Vixigueiro de Samede Tipo Cichol de Diaño Cichol

Mascaras de Vixigueiro de Samede Tipo Bimbio de Fernando Yañez

Mascaras de Vixigueiro de Samede Tipo Aturuxuradora de Miluca da Moreira

Mascaras de Vixigueiro de Samede Tipo Barrulleira de Miluca da Moreira

Moitas grazas a Mercedes Cachaza pola xerosa hospitalidade e calor humán

Materiais para os Obradoiros de Entroido:

Paciencia e Traballo !!!

Xornais vellos, cola carpinteiro, escaiola, pintura negra, vermella, branca, fitas e lás de cores, plumas, graos de millo, landras,carrabouxos, cunchas, chiles, sacos café ou patacas, corda esparto, sisal ou similar, sedal, codia bidueiro ou similar, binchas de porco ou vaca.

Traballo e Paciencia!!!

Ferramentas:

Pinceis, botellas plástico, xornais, tesoira.

Eres benvido, sempre e cando veñas vestido de Entroido Rural Tradicional

Participación e Respecto

Fabricación dos Traxes de Entroido na casa a ser posíbel con elementos tradicionais e naturais

Vale: roupa vella, mascaras feitas na casa…

Non vale: disfraces chineses, plasticallos…

 

Mascarada Ibérica 2018

 

Vixigueira de Samede, Peliqueiro de Santiago de Arriba, Diablo de Luzón, Peliqueiro de Santiago de Arriba

Vixigueira de Samede

Vixigueiros de Samede

Pantalla de Xinzo da Limia e Vixigueira de Samede

Antigo Antroido de Samede

 

Carros engalanados para o Entroido

 

 

Older posts

© 2018 Entroido de Samede

Theme by Anders NorenUp ↑