Guía Urxente para Novos Entroidos Ancestrais ( Rurais e Urbans )
Que é o Antroido / Entroido / Antroxo / Antruido?
É un conxunto de Ritos Pagáns e Panteístas de pasaxe, de fertilidade e propiciatorios da Terra, dos homes, dos animais e dos vexetais.
Non é un disfrace é un Traxe de Antroido. O Antroido é Sagrado e Inviolábel.
Que usar?
Tradicionalmente usaban o que tiñan a man: pelicas ( peliqueiro ), chocas ( choqueiro ), ferramentas de metal, mantóns, chapeaus…
No rural a mellor opción é optar por elementos naturais, con elo contribúese a entendermos mellor o noso medio ambiente e conservalo tal e como o recibimos.
No interior: follas, brión, carrabouxos, landras, cortizos, plumas, etc.
Na costa: cunchas, buguinas, espiñas, algas secas, paos das qrebas, etc.
Na cidade recicla xornais, botellas, caixas, palets, etc.
Recupera o pasado
Investiga e pregunta aos vedraños e petrucios que facían? como? quen? con que? onde?
Xúnguete aos teus devanceiros.
Inventa o presente
Inspírate porén non copies.
Cada Antroido debe ser único.
Procura e fai.
Participa
Para preservar o Entroido compre que o pobo se involucre.
Aínda que non señas natural, cómpre xente que siga a tradición. De seguro estaran moi ledos de que participes, non como sinxelo espectador senón sendo parte activa.
Respeta
Os Antroidos son Sagrados, é dicir intocables, estanlles permitidas cousas que non o estarían fóra dese tempo.
Non se lles pode sacar as máscaras, insultar, tocar, pegar, etc. aínda que eles si poden facelo.
Podes ter que convidalos a comer ou beber.
Síntete orgulloso da túa Terra.
Non comercialices unha tradición. Non participes en espectáculos alóctonos, descontextualizados e mediáticos.
Os individuos transfórmanse temporariamente noutros seres e a comunidade, noutro mundo.
Aínda que hoxe en día as máscaras son os media, a propaganda, a política, internet, a moda, a publicidade, os cartos… que nos fai vivir tamén temporalmente noutros mundos.
O Antroido é un dos poucos espazos de liberdade individual e colectiva.
A Derradeira República da Imaxinación e Arquivo da Memoria Colectiva e Resistencia Identitaria.
Capital cultural interxeracional.
A Tolemia do Antroido serve para darlle senso á propia existencia nun mundo real cada dia menos críbel.
Viva o Antroido.
O Diaño Cichol
dianhocichol@gmail.com
Samede 24-10-2017
Caos – Orde. Pasado – Futuro. Lua – Sol. Inverno – Primaveira. Tristura – Ledicia. Individuo – Comunidade. Mal – Ben. Enfermidade – Saude. Morte – Vida.
…