Guía Urxente para Novos Entroidos Ancestrais ( Rurais e Urbans )

Que é o Antroido / Entroido / Antroxo / Antruido?

É un conxunto de Ritos Pagáns e Panteístas de paso, de fertilidade e propiciatorios da Terra, dos homes, dos animais e dos vexetais.
Non é un disfrace é un Traxe de Antroido. O Antroido é Sagrado e Inviolábel.

Que usar?

Tradicionalmente usaban o que tiñan a man: pelicas ( peliqueiro ), chocas ( choqueiro ), ferramentas de metal, mantóns, chapeaus…

No rural a mellor opción é optar por elementos naturais, con elo contribúese a entendermos mellor o noso medio ambiente e conservalo tal e como o recibimos.

No interior: follas, brión, carrabouxos, landras, cortizos, plumas, etc.
Na costa: cunchas, buguinas, espiñas, algas secas, paos das qrebas, etc.

Na cidade recicla xornais, botellas, caixas, palets, etc.

Recupera o pasado

Investiga e pregunta aos vedraños e petrucios que facían? como? quen? con que? onde?

Xúnguete aos teus devanceiros.

Inventa o presente

Inspírate porén non copies.

Cada Antroido debe ser único.

Procura e fai.

Participa

Para preservar o Entroido compre que o pobo se involucre.
Aínda que non señas natural, cómprenos xente que siga a tradición. De seguro estaremos moi ledos de que participes, non como sinxelo espectador senón sendo parte activa.

Respeta
Os Antroidos son Sagrados, é dicir intocables, estanlles permitidas cousas que non o estarían fóra dese tempo.
Non se lles pode sacar as máscaras, insultar, tocar, pegar, etc. aínda que eles si poden facelo.
Podes ter que convidalos a comer ou beber.

Síntete orgulloso da túa Terra.

Non comercialices unha tradición. Non participes en espectáculos alóctonos, descontextualizados e mediáticos.

Os individuos transfórmanse temporariamente noutros seres e a comunidade, noutro mundo.

Aínda que hoxe en día as máscaras son os media, a propaganda, a política, internet, a moda, a publicidade, os cartos… que nos fai vivir tamén temporalmente noutros mundos.

O Antroido é un dos poucos espazos de liberdade individual e colectiva.

A Derradeira República da Imaxinación e Arquivo da Memoria Colectiva e Resistencia Identitaria.

Capital cultural interxeracional.

A Tolemia do Antroido serve para darlle senso á propia existencia nun mundo real cada dia menos críbel.

Viva o Antroido.

O Diaño Cichol

dianhocichol@gmail.com

Samede 24-10-2017

Caos – Orde. Pasado – Futuro. Lua – Sol. Inverno – Primaveira. Tristura – Ledicia. Individuo – Comunidade. Mal – Ben. Enfermidade – Saude. Morte – Vida.