O Entroido de Samede leva a Muiñeira Cruzada á XV Edición da Reunión das Máscaras Antropolóxicas de Tricarico (Italia).
O Entroido de Samede participou os días 4 e 5 de setembro na XV edición da Reunión Internacional de Máscaras Antropolóxicas (R.I.M.A.) de Tricarico, na rexión italiana de Basilicata, levando unha vez máis a nosa cultura e as nosas tradicións a un encontro internacional. Un dos momentos máis especiais da viaxe foi a interpretación da Muiñeira Cruzada na praza principal de Tricarico, que compartimos no vídeo que acompaña esta publicación. Unha oportunidade para amosar fóra de Galicia unha danza propia…