BLOG

Obradoiro de sombreiros

Obradoiro de sombreiros

Obradoiro sombreiros Chegou o outono, toca renovarse, desfrutar do que suma e do que nos da ledicia. Novas ilusións, novos cursos para aprender a crear o teu propio sombreiro e moita ilusion por participar do Entroido de Samede.Nestas fotografias do noso gran compañeiro Fernando de ZenayStudio, amosan horas de  traballo en equipo, alegrías, amizades e soños agardando o seu turno para volverse realidade no vindeiro Entroido. Hai que aprender a mirar o que non se ve, nin máis nin menos!…

Ler máis Ler máis

Obradoiros 2021

Obradoiros 2021

Tras este “parón obligado” xa tiñamos moitas gañas de volver a xuntarnos e ofrecerche novos obradoiros. Aquí tés os que xa temos preparados para ti. Agardamos que sexan do teu interese. Non tés mais que facer click no enlace e apuntarte. Agardámoste!!! ACHEGAMENTO Á INDUMENTARIA TRADICIONAL E OBRADOIRO ARREDOR DO RIGOR NO VESTIR POPULAR Obradoiro de balde con prazas limitadas.Prioridade para socios. Non agarres mais e faite socio do Entroido de Samede! XORNADA DE MAÑÁ E TARDEData: 13 Novembro 12:00-18:00Lugar:…

Ler máis Ler máis

O enterro do Policarpio 2021

O enterro do Policarpio 2021

Por desgracia para nós e para todo o resto de entroidos do país este ano non puidemos celebrar o noso gran día coma nos houbese gustado, debido as restriccións impostas e o confinamento ao que estivemos sometidos. Pero aínda así, un pequeno grupo da aldea decidimos (gardando todas as medidas de seguridad obligatorias, iso sí!) saír a darlle enterro ao noso Policarpio, despois de case un més á intemperie. Hai que dicir que este ano estivo ben acompañado e non…

Ler máis Ler máis

A Muiñeira Cruzada na SAGA

A Muiñeira Cruzada na SAGA

Aquí tedes a oportunidade de ver e escoitar ao noso guía da Muiñeira Cruzada falando sobre a Muiñeira Cruzada de Samede nunha charla online organizada pola SAGA. Uxío danos unha charla maxistral sobre a forma, dinámica, estructura e vistosidade desta fermosa e peculiar danza.

Charla sobre o Entroido do Courel.

Charla sobre o Entroido do Courel.

Nesta ocasión fomos convidados pola SAGA a participar nunha das suas interesantes charlas, nesta ocasión falando de outro Entroido recuperado do esquecemento. E que mellor maneira de facelo que co noso “fotógrafo de cabeceira” e tamén entroideiro de Samede, Fernando (de Zenay Studio), que se desplazou ata alí para captar coa sua cámara a primeira saída dos personaxes do entroido courelá polas diferentes aldeas da contorna.

IX Xornadas do SAGA sobre o Entroido de Galicia

IX Xornadas do SAGA sobre o Entroido de Galicia

Encantadísimos de que nos convidasen a participar nas IX Xornadas organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega para falar de Entroidos, do noso Entroido de Samede. En esta ocasión tivemos a sorte de participar en tres das charlas: “O mércores de Cinza: O Enterro” por Emi Cagiao, “O espectro dun entroido adormecido” (Charla sobre a reportaxe do Entroido recuperado no Caurel) polo noso fotógrafo-entroideiro Fernando; e tamén “A Muiñeira Cruzada do Entroido de Samede” polo noso guía Uxío. Agardamos que vos gusten…

Ler máis Ler máis

Xornadas online “Entroidos de Galicia”

Xornadas online “Entroidos de Galicia”

Nesta ocasión temos o gusto de participar nas Charlas organizadas por “Orgullo Galego” para falar do noso Entroido. Nestas interesantes xornadas compartiremos cartaz con outros compañeiros e compañeiras de algúns dos mais interesantes entroidos da nosa Comunidade Autónoma. Podedes ver a charla completa no vídeo a continuación:

Video-conferencia sobre o Entroido

Video-conferencia sobre o Entroido

Un placer, coma sempre, ter a oportunidade de darlle difusión ao noso Entroido e á recuperación de tradicións. Esta vez na Radio Filispín de Ferrolterra e a Asociación Culturar Ferrolterra Antiga. Moitas grazas por convidarnos e por haberse interesado polo noso Entroido de Samede. Podedes ver a entrevista completa aquí:

O Policarpio 2021

O Policarpio 2021

“O levantamento do Policarpio” Os mozos da aldea de Samede, licenciados nese ano (eran os encargados de face-lo entroido). Xuntábanse todos unha noite de lúa chea para saír a roubar un piñeiro ou un eucalipto que fose o máis grande posible, para colgar del ó Policarpio. Todos os que aínda viven lembran ese momento con moita ledicia, polo ben que o pasaban, xa que para eles esa noite era unha auténtica festa. A principios dos anos 60, lembran que un…

Ler máis Ler máis

RETRATOS DO NOSO

RETRATOS DO NOSO

O “Entroido” que tanto nos gusta, e que tanto disfrutamos, quedou truncado. Da moita rabia ter que renunciar a algo do que realmente disfrutas, pero non nos queda outra… Proxectos para os que moitas persoas invertiron o seu tempo, esforzo e ilusións, sobre todo ilusións!!! (sí, vale! Seguro que mais adiante podremos facelo, pero non sabemos con certeza cando será ese momento). Plans rotos por todos lados!!! Suspendéronse todas as xuntanzas que tiñamos previstas, e prohibíronnos abrazarnos, tocarnos, bicarse, bailar……

Ler máis Ler máis