QUEN SOMOS
“SEGUIMOS A ESTELA DOS NOSOS DEVANCEIROS QUE FESTEXABAN ESTE ENTROIDO DO CAL NÓS SOMOS HERDEIROS”
![](http://entroidosamede.gal/wp-content/uploads/2019/02/Slide-Ent-Samede-día-18-36-1024x681.jpg)
Onde comezan as historias?
Parece que as historias de fai 100 anos están mortas, pero… Sempre queda algo!!! As historias son datos con alma, e son maravillosas. Pero, fai falla tempo para darse conta!!! Somos un pasado acumulado, aquilo que nos deixaron. O pasado é coma ir a outro planeta; o interese por ir alí chega coa idade, cando tes ese momento de madurez onde te plantexas :
- De onde vimos?
- Que lle debemos á xente que nos precedeu?
- Que compartimos con eles?
Todos temos algo que contar, pero moitas veces non sabemos cómo facelo. As ideas acumúlansenos e temos medo de que o que facemos sexa só unha anécdota que non lle interese a ninguén. Dar forma a todas esas ideas, facer delas historias que apaixoen aos veciños, que os namoren mentres as vexan, é o máis difícil de conseguir.
Pois neste intre, un grupo moi diverso de persoas, de moi distinta procedencia, queremos devolverlles a súa historia, recrear algo que moitos aínda recordan e añoran. Recorre-la aldea en busca de fotos, de anécdotas… foi un exercicio que recomendamos a todos os que teñan a sorte de vivir na aldea. A experiencia enriqueceunos de tal xeito, que sentimos unha enorme gratitude e admiración por todos eles, xa que non só nos abriron as portas das súas casas, senón tamen da súas vidas e do seu corazón.
Non aspiramos á recreación exacta daquel espectacular e inigualable Entroido, porque somos conscientes de que é unha tarefa imposible. Simplemente pretendemos devolverlles un anaquiño da súa historia, como eles a recordan.
Sentímonos moi afortunados de tentar recuperar o “Entroido de Samede”. Énchenos unha sensación de haberlles devolto unha parte da súa historia que non chegara a nós. Foi coma reter a vida. Agora os fillos e os netos de toda esta “xentiña” poden disfrutar do seu Entroido tal como eles o lembraban e como o sentiron no seu día.
Somos do mesmo material do que se tecen os soños, a nosa curta vida está rodeada de soños. Tentamos facer o que sempre soñamos, sen importar o que pensen os demais. É a nosa vida, o noso soño, e iso é o único que nos debe importar, porque a posibilidade de realizar un soño é o que fai que a vida sexa interesante.
É unha honra compartir este Entroido con persoas que podían non estar aquí, podían ter unha razón pra dicir “Isto non me interesa”, pero o estar aquí implica que hai, de parte de cada un dos que participan no Entroido, un anhelo de saber qué vai pasar, qué haberá máis adiante, qué é o novo ao que nos estamos dirixindo.
Hoxe o disfrutamos, hoxe divertímonos, hoxe trouleamos, cantamos e bailamos, e só hoxe é o día no que todos podemos ser auténticos.
Así que só podemos dicir GRAZAS a tod@s por formar parte disto, e moitas grazas a ti por estar aquí lendo este artigo e intersándote polo noso Entroido que… Non o dubides, tamén é o teu!
Lumeeee!!!