Raduno Internazionale delle Maschere Antroplogiche (R.I.M.A) Tricarico (Italia) 2026
Preparados para amosar o noso traballo ao mundo e conectar con xente incrible. Grazas a todos os que o facedes posible. Imos aló! Co apoio da
Preparados para amosar o noso traballo ao mundo e conectar con xente incrible. Grazas a todos os que o facedes posible. Imos aló! Co apoio da
Qué experiencia inolvidable! Sentímonos moi afortunados de ter formado parte o pasado mes de xullo do 20 aniversario deste increíble Carnaval Internacional. Grazas por convidarnos a celebrar este fito tan especial e por recibirnos cos brazos abertos. Levamos as mellores lembranzas e o corazón cheo! #CarnavalInternacional #leskovac #entroidizateconsamede #20Aniversario #Cultura #ExperienciasQueMarcan
A principios de agosto, dous pequenos grupos de embaixadores da nosa terra, demostraron que o tamaño non define o impacto, senón a convicción e o amor polo que se fai. O Entroido de Samede e o #EntroidodeCobres participamos con fachenda na recente 8° Edizione Identidades 2025 celebrada en Fonni, Cerdeña. Representar a Galicia non é tarefa doada; facelo coa paixón, o esforzo incansable e a dedicación absoluta demostrados polos nosos representantes é simplemente heroico. Esta fazaña non tería sido posible…
Un ano máis contentos de participar e celebrar unha década no VIBOMASK, un soño é un logro que non sería posible sen a colaboración de: @entrudiovianadobolo @asociacion_robreda @concello.vianadobolo @entrudiodevilarinodeconso @destino.vilarino. O voso entusiasmo, talento e apoio teceron unha comunidade que trascende o cultural e convertiuse nun legado de unión e creatividade. Queremos expresar o noso sincero agradecemento polo incrible traballo realizado na organización de VIBOMASK 2025. Desde o primeiro momento, o esforzo, a dedicación e a paixón que puxeron en…
O noso máis profundo agradecemento á asociación Pro Loco Tricarico por crear este Encontro de Máscaras Antropolóxicas, onde as diversas expresións das nosas tradicións e cultura converxen con tanta vitalidade, non só enriquecendo este encontro, senón tecendo a memoria viva de quen somos, convertendo o ancestral nun faro para as novas xeracións e dedicación. Recoñecer o esforzo e adicación de todo o equipo participante. O seu compromiso para asistir, colaborar e aportar o mellor de sí mesmos foi fundamental para…
Celebramos co corazón cheo de agradecemento e emoción, que fai 10 anos que plantamos unha semilliña, e con ela fomos capaces de devolver á vida unha tradición que pensabamos xa estaba perdida para sempre. Este logro non sería posible sen a memoria dos nosos maiores, e sen a dedicación, o amor e o esforzo, de todas as persoas que creron neste soño e que traballaron sen descanso para que fose unha realidade.Estamos inmensamente agradecidos aos que nos acompañaron todos estes…
Non podemos estar mais felices e orgullosos despois de termos a oportunidade de participar no maior evento de mascaradas que se celebra en toda Europa. Foron días cheos de emoción, compañeirismo e traballo en EQUIPO. Unha honra poder representar a nosa Terra Galicia e o noso país no Surva / Сурва. Viva a unión carallo!!!
“Somos seres humans cheos de paixón, a vida convertenos en protagonistas da nosa propia historia”. “Non fomos capaces nin de ir a Betanzos!” Contábanos Manola de Andrés, cando a finais dos anos 50 quixeron ir có Entroido á Coruña. Nós, orgullosos de mostrar o noso Entroido polo mundo adiante, un ano máis participamos no Fimi un dos grandes eventos anuais de mascaradas. (Coma sempre, sen axudas de ningunha institución)
Así de divertida foi a nosa participación no Desfile de Entroidos Tradicionais de Galicia en Santiago de Compostela. Grazas a tod@s os que o facedes posible.“Quen non coñece a tradición non a ama e así é imposible defendela” (Felipe Senén).
Moitisimas grazas a Turismo de Miño e ao Concello de Miño por darnos a oportunidade de dar a coñecer o noso Entroido na Feira da Cebola Chata de Miño. Somos moi conscientes de que a tradición morre se non se lle dá continuidade no tempo. Os nosos ancestros, nos anos 60, quixeron ir a Coruña mostrar a súa danza e non foron quen de facelo. Nós, como herdeiros desta tradición, temos fachenda e tentamos que xamais esmoreza e se contaxie…