BLOG

RETRATOS DO NOSO

RETRATOS DO NOSO

O “Entroido” que tanto nos gusta, e que tanto disfrutamos, quedou truncado. Da moita rabia ter que renunciar a algo do que realmente disfrutas, pero non nos queda outra… Proxectos para os que moitas persoas invertiron o seu tempo, esforzo e ilusións, sobre todo ilusións!!! (sí, vale! Seguro que mais adiante podremos facelo, pero non sabemos con certeza cando será ese momento). Plans rotos por todos lados!!! Suspendéronse todas as xuntanzas que tiñamos previstas, e prohibíronnos abrazarnos, tocarnos, bicarse, bailar……

Ler máis Ler máis

Novos obradoiros 2020

Novos obradoiros 2020

Aquí tedes os novos obradoiros que imos levar a cabo neste final do ano 2020. Agardamos que sexan do voso interese. Xa tiñamos gañas!!! Debedes entrar nas ligazóns de aquel obradoiro no que queirades participar e cubrir a ficha de solicitude. Agardámosvos!!! OBRADOIRO DE INDUMENTARIA TRADICIONAL E OBRADOIRO ARREDOR DO PROTOCOLO NO VESTIR TRADICIONAL https://cutt.ly/BgsgErE OBRADOIRO DE CREACIÓN DE FRORES PARA SOMBREIROS TRADICIONAIS DE SAMEDE https://cutt.ly/BgsgErE OBRADOIRO DE TRABALLO DE VIMBIO E MATERIAIS TRADICIONAIS NA ELABORACIÓN DAS MÁSCARAS TRADICIONAIS DE…

Ler máis Ler máis

NOVO LOGO

NOVO LOGO

Estamos moi ledos, porque temos novo logo oficial. Moitas grazas a Juanlu Nacha por ter sido capaz de captar a esencia dos “Bonitos” neste maxistral debuxo. (que non se nos reboten os nosos Vixigueiros, pero xa tocaba dar protagonismo ás “Máscaras”) Agardamos que vos guste tanto coma a nós, e xa nos encargaremos de promocionalo polo mundo adiante.

Entroido en Samede 2020

Entroido en Samede 2020

“Nin tanto arre que corras, nin tanto xo que te deites!” Un ano mais tivemos a sorte de poder celebrar o noso “Día Grande” en Samede. Foi un día cheo de ledicia, risas, baile, música, bo humor e todo o resto de ingredientes para facer de este día unha data inesquecíbel. Unha vez mais temos que dar miles de grazas a tod@s @s participantes, a tod@s @s visitantes por acompañarnos neste día, á Pulpeira Constante polo seu “ben facer” e…

Ler máis Ler máis

O noso Día Grande

O noso Día Grande

Pasados xa os “apuros” derivados da celebración do noso “Día Grande” no Entroido de Samede toca agora facer balance do que este día deu de sí pero sobre todo tocanos amosar un inmenso agradecemento a moita xente. En primeiro lugar quixeramos agradecer profundamente a tod@s @s que dedicaron e dedican tempo, esforzos, enerxías e tamén cartos para que este Entroido siga a estar moi vivo e que poidamos seguir amosándoo polo mundo adiante. Nunca teremos verbas dabondo para dar as…

Ler máis Ler máis

ENTROIDO SAMEDE 2020

ENTROIDO SAMEDE 2020

Xa temos listo o cartaz para o noso Entroido de este ano 2020. Damos as grazas a o artista Javier Marinas polo seu gran traballo e pola súa colaboración. Agardámosvos a tod@s o vindeiro 01 de Marzo para bailar, rir, participar e, sobre maneira, para disfrutar a tope con todos nós. Se tes roupa tradicional, ou prefires vestirte ou disfrazarte con algo antiguo e divertido, estás convidad@ e… Ben seguro que non te arrepintes. Entroidízate con Samede!!! Lumeeee!!!

Subida do Policarpio 2020

Subida do Policarpio 2020

Un ano mais houbo xuntanza da “rapacería” para ir busca-lo “alcolitro” e colgar del o noso boneco “Policarpio”. As imaxes falan por sí solas. Viva o Entroido de Samede e viva a súa “xentiña”!!! LUMEEEE!!!