Navegación por
Autor: Fernando

O Documental

O Documental

Non podemos estar mais orgullosos, agradecidos e contentos de poder amosarche este, para nós, fermoso documental sobre a historia e a recuperación do Entroido de Samede. Contentos, e moito, por ter tido a oportunidade de disfrutar cos testimonios dos nosos maiores e de palpar a sua fonda emoción ao falarnos de aquela “gran festa”; moi orgullosos de ter conseguido chegar ata aquí e de ter sido capaces de consolidar as lembranzas dos nosos ancestros nun documento coma éste, e tentar…

Ler máis Ler máis

Obradoiros 2021

Obradoiros 2021

Tras este “parón obligado” xa tiñamos moitas gañas de volver a xuntarnos e ofrecerche novos obradoiros. Aquí tés os que xa temos preparados para ti. Agardamos que sexan do teu interese. Non tés mais que facer click no enlace e apuntarte. Agardámoste!!! ACHEGAMENTO Á INDUMENTARIA TRADICIONAL E OBRADOIRO ARREDOR DO RIGOR NO VESTIR POPULAR Obradoiro de balde con prazas limitadas.Prioridade para socios. Non agarres mais e faite socio do Entroido de Samede! XORNADA DE MAÑÁ E TARDEData: 13 Novembro 12:00-18:00Lugar:…

Ler máis Ler máis

IX Xornadas do SAGA sobre o Entroido de Galicia

IX Xornadas do SAGA sobre o Entroido de Galicia

Encantadísimos de que nos convidasen a participar nas IX Xornadas organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega para falar de Entroidos, do noso Entroido de Samede. En esta ocasión tivemos a sorte de participar en tres das charlas: “O mércores de Cinza: O Enterro” por Emi Cagiao, “O espectro dun entroido adormecido” (Charla sobre a reportaxe do Entroido recuperado no Caurel) polo noso fotógrafo-entroideiro Fernando; e tamén “A Muiñeira Cruzada do Entroido de Samede” polo noso guía Uxío. Agardamos que vos gusten…

Ler máis Ler máis

Xornadas online “Entroidos de Galicia”

Xornadas online “Entroidos de Galicia”

Nesta ocasión temos o gusto de participar nas Charlas organizadas por “Orgullo Galego” para falar do noso Entroido. Nestas interesantes xornadas compartiremos cartaz con outros compañeiros e compañeiras de algúns dos mais interesantes entroidos da nosa Comunidade Autónoma. Podedes ver a charla completa no vídeo a continuación:

Video-conferencia sobre o Entroido

Video-conferencia sobre o Entroido

Un placer, coma sempre, ter a oportunidade de darlle difusión ao noso Entroido e á recuperación de tradicións. Esta vez na Radio Filispín de Ferrolterra e a Asociación Culturar Ferrolterra Antiga. Moitas grazas por convidarnos e por haberse interesado polo noso Entroido de Samede. Podedes ver a entrevista completa aquí:

Novos obradoiros 2020

Novos obradoiros 2020

Aquí tedes os novos obradoiros que imos levar a cabo neste final do ano 2020. Agardamos que sexan do voso interese. Xa tiñamos gañas!!! Debedes entrar nas ligazóns de aquel obradoiro no que queirades participar e cubrir a ficha de solicitude. Agardámosvos!!! OBRADOIRO DE INDUMENTARIA TRADICIONAL E OBRADOIRO ARREDOR DO PROTOCOLO NO VESTIR TRADICIONAL https://cutt.ly/BgsgErE OBRADOIRO DE CREACIÓN DE FRORES PARA SOMBREIROS TRADICIONAIS DE SAMEDE https://cutt.ly/BgsgErE OBRADOIRO DE TRABALLO DE VIMBIO E MATERIAIS TRADICIONAIS NA ELABORACIÓN DAS MÁSCARAS TRADICIONAIS DE…

Ler máis Ler máis