ASEMBLEA DA ASOCIACIÓN CULTURAL RECREATIVA E DEPORTIVA ENTROIDO DE SAMEDE

ASEMBLEA DA ASOCIACIÓN CULTURAL RECREATIVA E DEPORTIVA ENTROIDO DE SAMEDE

Estimad@s asociad@s:

De acordo co establecido nos estatutos da asociación, a xunta directiva determinou convocar unha asemblea xeral ordinaria o vindeiro 8 de marzo no campo da festa de Samede as 19h en primeira convocatoria e 19:30h en segunda convocatoria, para tratar os seguintes asuntos:

• Aprobar a acta da reunión anterior.
• Examinar e aprobar a memoria de actividades de 2024.
• Examinar e aprobar as contas do exercicio 2024.
• Aprobar o plan de actividades de 2025.
• Aprobar o orzamento de ingresos e gastos de 2025.
• Rogos e preguntas.

Pola importancia dos asuntos a tratar, rogamos encarecidamente a asistencia a esta Asemblea, agradecendo a vosa presencia de antemán.

A Presidenta: Emilia Cagiao Sánchez

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *