CONVOCATORIA DA ASEMBLEA DA ASOCIACIÓN CULTURAL RECREATIVA E DEPORTIVA ENTROIDO DE SAMEDE
Estimad@s asociad@s:
De acordo co establecido nos estatutos da asociación, a xunta directiva determinou convocar unha asemblea xeral ordinaria o vindeiro 21 de febreiro na capela de Samede as 19:00 h en primeira convocatoria e 19:30 h en segunda convocatoria, para tratar os seguintes asuntos:
- Aprobar a acta da reunión anterior.
- Examinar e aprobar a memoria de actividades de 2025.
- Examinar e aprobar as contas do exercicio 2025.
- Aprobar o plan de actividades de 2026.
- Aprobar o orzamento de ingresos e gastos de 2026.
- Renovación de cargos da xunta directiva.
- Rogos e preguntas.
Pola importancia dos asuntos a tratar, rogamos encarecidamente a asistencia a esta Asemblea, agradecendo a vosa presencia de antemán.
A Presidenta: Emilia Cagiao Sánchez