BLOG

IX Xornadas do SAGA sobre o Entroido de Galicia

IX Xornadas do SAGA sobre o Entroido de Galicia

Encantadísimos de que nos convidasen a participar nas IX Xornadas organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega para falar de Entroidos, do noso Entroido de Samede. En esta ocasión tivemos a sorte de participar en tres das charlas: “O mércores de Cinza: O Enterro” por Emi Cagiao, “O espectro dun entroido adormecido” (Charla sobre a reportaxe do Entroido recuperado no Caurel) polo noso fotógrafo-entroideiro Fernando; e tamén “A Muiñeira Cruzada do Entroido de Samede” polo noso guía Uxío. Agardamos que vos gusten…

Ler máis Ler máis

Xornadas online “Entroidos de Galicia”

Xornadas online “Entroidos de Galicia”

Nesta ocasión temos o gusto de participar nas Charlas organizadas por “Orgullo Galego” para falar do noso Entroido. Nestas interesantes xornadas compartiremos cartaz con outros compañeiros e compañeiras de algúns dos mais interesantes entroidos da nosa Comunidade Autónoma. Podedes ver a charla completa no vídeo a continuación:

Video-conferencia sobre o Entroido

Video-conferencia sobre o Entroido

Un placer, coma sempre, ter a oportunidade de darlle difusión ao noso Entroido e á recuperación de tradicións. Esta vez na Radio Filispín de Ferrolterra e a Asociación Culturar Ferrolterra Antiga. Moitas grazas por convidarnos e por haberse interesado polo noso Entroido de Samede. Podedes ver a entrevista completa aquí:

O Policarpio 2021

O Policarpio 2021

“O levantamento do Policarpio” Os mozos da aldea de Samede, licenciados nese ano (eran os encargados de face-lo entroido). Xuntábanse todos unha noite de lúa chea para saír a roubar un piñeiro ou un eucalipto que fose o máis grande posible, para colgar del ó Policarpio. Todos os que aínda viven lembran ese momento con moita ledicia, polo ben que o pasaban, xa que para eles esa noite era unha auténtica festa. A principios dos anos 60, lembran que un…

Ler máis Ler máis

RETRATOS DO NOSO

RETRATOS DO NOSO

O “Entroido” que tanto nos gusta, e que tanto disfrutamos, quedou truncado. Da moita rabia ter que renunciar a algo do que realmente disfrutas, pero non nos queda outra… Proxectos para os que moitas persoas invertiron o seu tempo, esforzo e ilusións, sobre todo ilusións!!! (sí, vale! Seguro que mais adiante podremos facelo, pero non sabemos con certeza cando será ese momento). Plans rotos por todos lados!!! Suspendéronse todas as xuntanzas que tiñamos previstas, e prohibíronnos abrazarnos, tocarnos, bicarse, bailar……

Ler máis Ler máis

Novos obradoiros 2020

Novos obradoiros 2020

Aquí tedes os novos obradoiros que imos levar a cabo neste final do ano 2020. Agardamos que sexan do voso interese. Xa tiñamos gañas!!! Debedes entrar nas ligazóns de aquel obradoiro no que queirades participar e cubrir a ficha de solicitude. Agardámosvos!!! OBRADOIRO DE INDUMENTARIA TRADICIONAL E OBRADOIRO ARREDOR DO PROTOCOLO NO VESTIR TRADICIONAL https://cutt.ly/BgsgErE OBRADOIRO DE CREACIÓN DE FRORES PARA SOMBREIROS TRADICIONAIS DE SAMEDE https://cutt.ly/BgsgErE OBRADOIRO DE TRABALLO DE VIMBIO E MATERIAIS TRADICIONAIS NA ELABORACIÓN DAS MÁSCARAS TRADICIONAIS DE…

Ler máis Ler máis

NOVO LOGO

NOVO LOGO

Estamos moi ledos, porque temos novo logo oficial. Moitas grazas a Juanlu Nacha por ter sido capaz de captar a esencia dos “Bonitos” neste maxistral debuxo. (que non se nos reboten os nosos Vixigueiros, pero xa tocaba dar protagonismo ás “Máscaras”) Agardamos que vos guste tanto coma a nós, e xa nos encargaremos de promocionalo polo mundo adiante.

Entroido en Samede 2020

Entroido en Samede 2020

“Nin tanto arre que corras, nin tanto xo que te deites!” Un ano mais tivemos a sorte de poder celebrar o noso “Día Grande” en Samede. Foi un día cheo de ledicia, risas, baile, música, bo humor e todo o resto de ingredientes para facer de este día unha data inesquecíbel. Unha vez mais temos que dar miles de grazas a tod@s @s participantes, a tod@s @s visitantes por acompañarnos neste día, á Pulpeira Constante polo seu “ben facer” e…

Ler máis Ler máis

O noso Día Grande

O noso Día Grande

Pasados xa os “apuros” derivados da celebración do noso “Día Grande” no Entroido de Samede toca agora facer balance do que este día deu de sí pero sobre todo tocanos amosar un inmenso agradecemento a moita xente. En primeiro lugar quixeramos agradecer profundamente a tod@s @s que dedicaron e dedican tempo, esforzos, enerxías e tamén cartos para que este Entroido siga a estar moi vivo e que poidamos seguir amosándoo polo mundo adiante. Nunca teremos verbas dabondo para dar as…

Ler máis Ler máis