ORIXE DO NOSO ENTROIDO
Pedro de Cal de Esperela aportounos as primeiras lembranzas sobor do Entroido de Paderne, cando el viña de festa á casa de Domingo Golpe, un home nado no ano 1910, que finou en 1937 á idade de 27 anos. Antes da Guerra Civil, na casa de Golpe, en Samede, xa se vestían para saír de máscaras, Domingo ía de parella con Francisca do Vión. Fora nomeado sarxento no Exército e, segundo informou un soldado que estivo recomendado con el, morreu…