CONVOCATORIA DA ASEMBLEA DA ASOCIACIÓN CULTURAL RECREATIVA E DEPORTIVA ENTROIDO DE SAMEDE

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA DA ASOCIACIÓN CULTURAL RECREATIVA E DEPORTIVA ENTROIDO DE SAMEDE

Estimad@s asociad@s:

        De acordo co establecido nos estatutos da asociación, a xunta directiva determinou convocar unha asemblea xeral ordinaria o vindeiro 21 de febreiro na capela de Samede as 19:00 h en primeira convocatoria e 19:30 h en segunda convocatoria, para tratar os seguintes asuntos:

  • Aprobar a acta da reunión anterior.
  • Examinar e aprobar a memoria de actividades de 2025.
  • Examinar e aprobar as contas do exercicio 2025.
  • Aprobar o plan de actividades de 2026.
  • Aprobar o orzamento de ingresos e gastos de 2026.
  • Renovación de cargos da xunta directiva.
  • Rogos e preguntas.

    Pola importancia dos asuntos a tratar, rogamos encarecidamente a asistencia a esta Asemblea, agradecendo a vosa presencia de antemán.

A Presidenta: Emilia Cagiao Sánchez

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *