X EDICIÓN DO VIBOMASK, E XVII DO FIMI EN GAIA (PORTUGAL)

X EDICIÓN DO VIBOMASK, E XVII DO FIMI EN GAIA (PORTUGAL)

Un ano máis contentos de participar e celebrar unha década no VIBOMASK, un soño é un logro que non sería posible sen a colaboración de: @entrudiovianadobolo @asociacion_robreda @concello.vianadobolo @entrudiodevilarinodeconso @destino.vilarino. O voso entusiasmo, talento e apoio teceron unha comunidade que trascende o cultural e convertiuse nun legado de unión e creatividade.

Queremos expresar o noso sincero agradecemento polo incrible traballo realizado na organización de VIBOMASK 2025. Desde o primeiro momento, o esforzo, a dedicación e a paixón que puxeron en cada detalle para garantir que todo resultase impecable foi evidente. Non só cumpriron os seus obxectivos, senón que tamén aseguraron que os asistentes vivisemos unha experiencia memorable. É un privilexio ter formado parte deste evento. Unha vez máis, grazas por facelo posible!

E despois de estar a fin de semana participando no Vibomask, o Entroido de Samede saiu o seguinte sábado para participar na XVII edición do Festival Internacional da Máscara Ibérica (FIMI), esta vez en Gaia (Porto).

Dende o máis profundo do noso corazón, *agradecemento inmenso* a cada un dos participantes por ter sido parte fundamental deste maravilloso desfile internacional, e o noso recoñecemento á organización por facer posible este encontro multicultural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *