Navegación por
Mes: Xaneiro 2018

MARUJA DE XACOBE

MARUJA DE XACOBE

“A vida non é o que un vivíu, senón o que un lembra e como o lembra para contalo” (GABRIEL GARCÍA MARQUEZ) Cada vez que alguén da nosa comunidade falece, unha parte da nosa historia tamén se perde. Por iso é tan importante recuperar as historias que teñen os nosos petrucios para contarnos, porque, quen non coñece a súa aldea de orixe, xamáis atopará a aldea que busca. Hoxe, a nosa publicación vai adicada a celebrar a vida de “Maruja…

Ler máis Ler máis

CHEGOU O POLICARPIO

CHEGOU O POLICARPIO

Un mes antes do Entroido os mozos da aldea xuntábanse para saír de noite a roubar un pino ou un eucalipto o máis grande posible para colgar nel ao Policarpio. Todos lembran ese momento con moita ledicia polo ben que o pasaban. Nós hoxe xa non temos necesidade de ir roubar o eucalipto a ninguén, tampouco somos moitos para facelo, pero aínda así xuntámonos un pequeno grupiño de vecinos cheos de ilusión para manter viva esa tradición e ires buscar o pao dónde máis…

Ler máis Ler máis

ORIXE DO NOSO ENTROIDO

ORIXE DO NOSO ENTROIDO

Pedro de Cal de Esperela aportounos as primeiras lembranzas sobor do Entroido de Paderne, cando el viña de festa á casa de Domingo Golpe, un home nado no ano 1910, que finou en 1937 á idade de 27 anos. Antes da Guerra Civil, na casa de Golpe, en Samede, xa se vestían para saír de máscaras, Domingo ía de parella con Francisca do Vión. Fora nomeado sarxento no Exército e, segundo informou un soldado que estivo recomendado con el, morreu…

Ler máis Ler máis