XIII FESTIVAL INTERNACIONAL DA MASCARADA IBERICA
Foi un verdadeiro placer e unha enorme satisfacción ter a oportunidade de participar na XIII Edición da Mascarada Ibérica celebrada no lugar de Belém, en Lisboa, xunto ao resto de compañeiros representantes do Entroido de Samede. Éste é un evento espectacular e estivo perfectamente organizado polo FIMI. Encantounos tanto a posibilidade de poder formar parte do evento como de poder fotografar dende dentro a alguns dos máis de 500 participantes no desfile, chegados de varias partes da Península Ibérica e incluso de lugares tan lonxanos e dispares como o Amazonas en Brasil ou de Irlanda. Grupos tan diferentes como: os Boi Tinga de Brasil, os Mummers de Irlanda, os Gigantones y Cabezudos de Viana do Castelo, os Mazcaritos D´Uviéu, os Merdeiros de Vigo, os Caretos de Podence, Carnaval de Toro Morales de Valverde (Zamora), os Sidros de Valdesoto en Asturias, Mascarilla que no me conoces de Jaén, os Caretos de Grijó, os Máscaros de Vilaboa, os Brutamontes de Auto Floripes, as Bonitas Sande, os Boteiros e Folión de Viana do Bolo, as Pantallas de Xinzo de Limia, os Lordeiros de Manzaneda, os Toros e Guirrios de Velilla de la Reina, os Hombres de musgo de Béjar, Villanueva del Valrojo, o Atenazador de San Vicente de la Cabeza, a Filandorra de Ferreras de Arriba, os Cencerrones de Abejera, a Visparra de San Martín de Castañeda, os Diablos de Sarracín de Aliste… Cada uno dos grupos coas suas singularidades e os seus traxes tradicionaies cheos de colorido e de orixinalidade. É realmente increíble a enorme cultura tradicional e ancestral que subsiste ao nosoo arredor e da que non somos conscientes. Mil gracias a todos e todas aqueles que loitan para que esta cultura non se perda para sempre.
Se quedaches con ganas e queres ver éstas e moitas mais fotos deste fantástico desfile non o dubides, fai click aquí e mira todas as imáxenes que fixo o noso Fernando Berani.