Entroido de Samede

"Sempre houbo mellor Entroido en Samede que en ningún sitio!"

Category: Entroidos

Artigos relacionados cos Entroidos de Galiza

Mascarada Ibérica 2018

 

Vixigueira de Samede, Peliqueiro de Santiago de Arriba, Diablo de Luzón, Peliqueiro de Santiago de Arriba

Vixigueira de Samede

Vixigueiros de Samede

Pantalla de Xinzo da Limia e Vixigueira de Samede

Documentación Entroidos

Microdicionario Antroideiro

Máscara, mazcara Latin mascus, masca (pantasma) Arabe مَسْخَرَة  maçjara, maskharah (bufón, paiaso, home con máscara).

Pelica, pilica Latin Pellis (pel)  /   Peliqueiros Castelán Piel, pelliza, pellizeros, pellejero, peletero.

Chocas, chocallos Latin cloca ( campá )   /  Choqueiros Castelán cencerros.

Vixiga, Vexiga, Bincha Latin vexica (vexiga)   /  Vixigueiros, bixigueiros, bincheiros Castelán vejigueros Inglés carnival bladders Francés vessies de carnaval Alemán blasen

Usábanse e úsanse agarradas coas mans ou penduradas dun pao (unha, dúas e ata tres ou máis), ou como caroutas.

Santo Antroido Castelán San Antroido

Vestirse de Antroido, porse o traxe de Antroido Castelán ponerse el traje de Antroido

Morneár as chocas Mobelas chocas Castelán bornear, mover cencerros.

Significados: morte, inverno, ruído, fariña, borralla, palla, vellos, pasado.

Significados: vida, primavera, música, flores, cores, mocidade, futuro.

 

Entroidos Irmáns de Samede (Vixigueiros ou Bincheiros)

Aínda que as vexigas, vixigas ou binchas usábanse acotío en moitos Entroidos fóronse perdendo ( ainda queda constancia en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Terra Chá ). Usánse coas mans, penduradas dun pao ( o tirso ) ou ben como caroutas.
Bogiganga
Pantallas de Xinzo da Limia, con binchas de porcos ou vacas.
Kilikis, coas botanas (binchas) de Tafalla Navarra.
Zako Zar, coas pizontziak (binchas) de Lesaka Navarra.
Zangarrón, de Sanzoles del Vino Zamora.
Antruejo, de Llamas de la Ribera León.
Los Buches, con binchas de grandes peixes, en Lanzarote.
Blancs-Moussis, Association Space et bien-être de Vieux-Reng Bélxica.
Schuttige, de Elzach Alemania
Diablo Cojuelo, con bimbas (vixigas) de República Dominicana.
Vejigantes, de Puerto Rico.

 

Entroidos de Europa

Charles Fréger

Vigo O Merdeiro

PortugalCaretos de Podence

Asturias

Zamora

León

Cantabria

Euskadi

Italia

Suíza

Cerdeña

Eslovenia

Bulgaria

Croacia

Irlanda

Hungria

Macedonia

Polonia

http://www.mascaradaiberica.com

http://tokitan.tv/carnavales-tradicionales-europa-ancestrales-rurales
https://en.wikipedia.org/wiki/Category:European_legendary_creatures
https://de.wikipedia.org/wiki/Kategorie:Deutsche_Sagengestalt

Para Novos Entroidos Urbans

Máscaras de reciclaxe

Festivais e Mascaradas

Mascarada Iberica, Viana do Bolo, Vilariño de Conso.
Festival de La Mascara, en Zamora.
Mascararte Bienal da Mascara, en Braganza.
Festival Internacional de Kukeri Starchevata Razlog, en Bulgaria.

 

Museos do Entroido

Antroidos de Galicia

MUSEO GALEGO DO ENTROIDO, en  Xinzo de Limia.

MUSEO DO POBO GALEGO, en Santiago de Compostela.

CENTRO INTERPRETATIVO DA MASCARA IBERICA, en Lazarim (Portugal).

ACADEMIA IBERICA DA MASCARA

MUZEUL NATIONAL AL TÂRANULUI ROMÂN, de Bucarest (Romanía).

INTERNATIONAL MUSEUM VAN HET CARNAVAL EN HET MASKER, en Binch (Bélxica).

 

Bibliografia

O Policarpio. Memoria de Samede, de Emi Cagiao “Miluca da Moreira”.
El antroido en las Marinas dos Condes, de Jose Raimundo Nuñez Lendoiro.
Entruidos e mascaradas na Galiza, de Oscar Sotelo (Editorial Semente).
O Carnaval en Galicia, de Federico Cocho de Juan (Editorial Xerais).
Festas populares de Galicia, de Felipe Senén López Gómez (Baía Edicións).
Seres galegos das augas: mitoloxía comparada, de Xoán Xosé Teijeiro Rey (Editorial Toxosoutos).
Diccionario de seres miticos galegos, de  Xoán R. Cuba,  Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Lázaro Enríquez (Edicións Xerais).
El carnaval, de Julio Caro Baroja (Alianza Editorial).
Mascara Iberica, de Helder Ferreira e Bernardo Calvo.
El carnaval en Europa, de José Luis Sánchez (Miraguano Ediciones).
Rituais com mascara, de Helder Ferreira e Elisa Martins Alves (Editorial Progestur).
Actas das Xornadas sobre o Entroido de Galiza (Editorial Sociedade Antropolóxica Galega).

 

antroido, entroido, antroxo, antruido, antrollo, tradicional, ancestral, samede, paderne, a coruña, muiñeira cruzada, bonitos, contrarios, vixigueiros, carnival bladders, vessies de carnaval,
pantallas, peliqueiro, felos, boteiros, mazcaras, choqueiros, cigarróns, xerais do ulla, charrúas, madamas, galáns, vergalleiros, murrieiros, troteiros, bonitas, damas e galáns, madamitas e madamitos, vellarróns, mecos, volantes, oso de salcedo, merdeiro, irrio, krampus, busos, surovichkare, busójárás, pohod bušara, survakari, arapides, dziady macinulla, dziady smigustne, chriapa, zezengorri, juan tramposos, momotxorros, zarramacos, zamarron, trapajones, caretos de ousilao, caretos de lazarim, reisigbaren, dondolasi, zvoncari, manastira humorului, nuuti pukki, armagh, fijadora, morena, carochos, zangarrones, jurrus, atenazador, diablos de luzón…

Guía Urxente de Novos Entroidos Ancestrais (Rurais e Urbans)

Guía Urxente para Novos Entroidos Ancestrais ( Rurais e Urbans )

Que é o Antroido / Entroido / Antroxo / Antruido?

É un conxunto de Ritos Pagáns e Panteístas de paso, de fertilidade e propiciatorios da Terra, dos homes, dos animais e dos vexetais.
Non é un disfrace é un Traxe de Antroido. O Antroido é Sagrado e Inviolábel.

Que usar?

Tradicionalmente usaban o que tiñan a man: pelicas ( peliqueiro ), chocas ( choqueiro ), ferramentas de metal, mantóns, chapeaus…

No rural a mellor opción é optar por elementos naturais, con elo contribúese a entendermos mellor o noso medio ambiente e conservalo tal e como o recibimos.

No interior: follas, brión, carrabouxos, landras, cortizos, plumas, etc.
Na costa: cunchas, buguinas, espiñas, algas secas, paos das qrebas, etc.

Na cidade recicla xornais, botellas, caixas, palets, etc.

Recupera o pasado

Investiga e pregunta aos vedraños e petrucios que facían? como? quen? con que? onde?

Xúnguete aos teus devanceiros.

Inventa o presente

Inspírate porén non copies.

Cada Antroido debe ser único.

Procura e fai.

Participa

Para preservar o Entroido compre que o pobo se involucre.
Aínda que non señas natural, cómprenos xente que siga a tradición. De seguro estaremos moi ledos de que participes, non como sinxelo espectador senón sendo parte activa.

Respeta
Os Antroidos son Sagrados, é dicir intocables, estanlles permitidas cousas que non o estarían fóra dese tempo.
Non se lles pode sacar as máscaras, insultar, tocar, pegar, etc. aínda que eles si poden facelo.
Podes ter que convidalos a comer ou beber.

Síntete orgulloso da túa Terra.

Non comercialices unha tradición. Non participes en espectáculos alóctonos, descontextualizados e mediáticos.

Os individuos transfórmanse temporariamente noutros seres e a comunidade, noutro mundo.

Aínda que hoxe en día as máscaras son os media, a propaganda, a política, internet, a moda, a publicidade, os cartos… que nos fai vivir tamén temporalmente noutros mundos.

O Antroido é un dos poucos espazos de liberdade individual e colectiva.

A Derradeira República da Imaxinación e Arquivo da Memoria Colectiva e Resistencia Identitaria.

Capital cultural interxeracional.

A Tolemia do Antroido serve para darlle senso á propia existencia nun mundo real cada dia menos críbel.

Viva o Antroido.

O Diaño Cichol

dianhocichol@gmail.com

Samede 24-10-2017

Caos – Orde. Pasado – Futuro. Lua – Sol. Inverno – Primaveira. Tristura – Ledicia. Individuo – Comunidade. Mal – Ben. Enfermidade – Saude. Morte – Vida.

© 2018 Entroido de Samede

Theme by Anders NorenUp ↑