I DESFILE DE ENTROIDOS TRADICIONAIS EN OURENSE

I DESFILE DE ENTROIDOS TRADICIONAIS EN OURENSE

Parte do noso grupo na fotografía “oficial” coas autoridades.

Este ano 2019 fomos convidados por Turgalicia a participar no I Desfile de Entroidos Tradicionais que se celebraba na cidade de Ourense.

Para nós foi un placer e un orgullo poder participar neste importante evento dónde se dan a coñecer os Entroidos mais representativos da nosa Comunidade Autónoma. Participar ó carón de Entroidos con tanta sona e prestixio e que ademais teñen a declaración de Interese Turístico é unha satisfación e unha responsabilidade ó mesmo tempo. Pero coma sempre o motor que nos move é o de disfrutar, pasálo ben e amosar o mellor de nós.

Grazas a Turgalicia pola invitación e a acollida, e grazas a todo o resto de participantes pola sintonía, e… de seguro que repetiremos!!!

E se queres ver de qué xeito Turgalicia amosou este fermoso e colorista Desfile non deixes de facer click no video a continuación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *