ViBoMask 2020

ViBoMask 2020

O noso Entroido foi convidado a participar na VI Edición da Mascarada Ibérica que se celebra os días 11-12 de xaneiro do 2020 en Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

Alí estaremos xunto co resto de 46 grupos de mascaradas de España, Portugal e Italia.

Sempre é unha honra poder participar e aportar o noso gran de area neste tipo de xuntanzas, estreitando lazos co resto de mascaradas.

Entrodízate con Samede!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *