![](http://entroidosamede.gal/wp-content/uploads/2019/02/Aguinaldeiros-de-Villapañada-2019-020.jpg)
AGUINALDEIROS DE VILLAPAÑADA
![](http://entroidosamede.gal/wp-content/uploads/2019/02/Aguinaldeiros-de-Villapañada-2019-001.jpg)
A finais do ano, coincidindo coa época navideña, dende o pasado ano 2014, saen de novo polas aldeas cercanas á localidade asturiana de Grado, os “Aguilandeiros”.
![](http://entroidosamede.gal/wp-content/uploads/2019/02/Aguinaldeiros-de-Villapañada-2019-003.jpg)
Trátase da recuperación dunha “mascarada” de inverno que estaba perdida e casi olvidada dende facía máis de 70 anos e que, gracias ao esforzo e dedicación de dous xóvenes veciños conseguíuse devolvela á vida.
![](http://entroidosamede.gal/wp-content/uploads/2019/02/Aguinaldeiros-de-Villapañada-2019-002.jpg)
![](http://entroidosamede.gal/wp-content/uploads/2019/02/Aguinaldeiros-de-Villapañada-2019-004.jpg)
![](http://entroidosamede.gal/wp-content/uploads/2019/02/Aguinaldeiros-de-Villapañada-2019-010.jpg)
Nesta mascarada non faltan persoaxes coma o oso (coas suas continuas “locuras”) e o amo, o cura, o diaño (continuamente facendo “trastadas”), os maragatos (referencia aos vellos comerciantes ambulantes), a preñada, L´escobón (que pregunta en cada casa: “¿Barremos o nun barremos?), o afeitador, o ferrador… Todos eles fan xuntos un percorrido singular, hoxe en día montados no remolque dun tractor. O inicio do percorrido é o albergue de peregrinos situado na aldea de San Juan continuando coa visita a todas as aldeas circundantes, parando en cada casa (salvo en aquelas nas que houbo algún defunto ese ano) e pidindo o aguinaldo, cantando sempre unha canción que di asi: “Anxelinus somus, del cielo vinimus, bulsina traemus, dineiru pidimus. Déanos l´aguinaldu, señora por Dios, aiquí tamus cuatro, cantamus dos”. Deste xeito, en cada casa deciden dar o aguinaldo ou non, e iso marca a diferenza na “actuación” da comitiva antes de dirixirse á seguinte casa do lugar. Tradición en estado puro.
![](http://entroidosamede.gal/wp-content/uploads/2019/02/Aguinaldeiros-de-Villapañada-2019-006.jpg)
![](http://entroidosamede.gal/wp-content/uploads/2019/02/Aguinaldeiros-de-Villapañada-2019-027.jpg)
![](http://entroidosamede.gal/wp-content/uploads/2019/02/Aguinaldeiros-de-Villapañada-2019-015.jpg)
Moitísimas grazas a todos os participantes e aos habitantes das diferentes aldeas polas que transcorre o percorrido, polo trato que nos diron, por las facilidades que nos brindaron en todo momento e sobre todo polo ben que nolo fixeron pasar. Agardamos que a tradición se consolide e non volva a caer no esquecemento.
![](http://entroidosamede.gal/wp-content/uploads/2019/02/Aguinaldeiros-de-Villapañada-2019-061.jpg)
![](http://entroidosamede.gal/wp-content/uploads/2019/02/Aguinaldeiros-de-Villapañada-2019-029.jpg)
![](http://entroidosamede.gal/wp-content/uploads/2019/02/Aguinaldeiros-de-Villapañada-2019-035.jpg)
Un auténtico placer haber tido a oportunidade de vivir a experiencia de “Los Aguinaldeiros de Villapañada”.
Fotos: © Fernando Berani.