Navegación por
Autor: Miluca de Moreira

"A miña tarefa foi a dunha simple tecelá, non merezo o mérito do algodón nin do liño" “Mi tarea fue simplemente la de tejedora, no merezco el mérito del algodón ni del lino” ANTHONY MELLO.
AGUINALDEIROS DE VILLAPAÑADA

AGUINALDEIROS DE VILLAPAÑADA

A finais do ano, coincidindo coa época navideña, dende o pasado ano 2014, saen de novo polas aldeas cercanas á localidade asturiana de Grado, os “Aguilandeiros”. Trátase da recuperación dunha “mascarada” de inverno que estaba perdida e casi olvidada dende facía máis de 70 anos e que, gracias ao esforzo e dedicación de dous xóvenes veciños conseguíuse devolvela á vida. Nesta mascarada non faltan persoaxes coma o oso (coas suas continuas “locuras”) e o amo, o cura, o diaño (continuamente…

Ler máis Ler máis

OS REISES DO VALLEDOR

OS REISES DO VALLEDOR

Despois de cincuenta anos esquecida, no ano 2009 conseguiuse recuperar a tradición de “Os Reises”, na rexión asturiana do Valledor, pertencente ao concello de Allande. Grazas ao esforzo feito pola Asociación “Amigos de Fonteta” (unha das vilas do Valledor) foron quén de recuperar esta singular xuntanza anual que destila autenticidade e que ten lugar entre música, peticións, bailes, cancións e “trastadas” varias. A comitiva consta de once personaxes habituais, que van acompañados de algún gaiteiro, tambor e acordeonista. Percorren as…

Ler máis Ler máis

DESFILE DE ENTROIDOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

DESFILE DE ENTROIDOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Galicia conta cunha fonda e ancestral tradición “entroideira” (e que non nos malinterpreten co término os “puristas” e estudosos do tema). “O Entroido” é, sin lugar a dubidas, unha das maiores expresións festivas da cultura galega. Os seus oríxenes non están moi claros, uns din que se remonta á época dos Celtas, pero outros sitúano moito antes; o que sí é unha certeza é a época de celebración, que ten lugar coincidindo coa despedida dos longos e duros días do…

Ler máis Ler máis

DESFILE EN SAN MARTIN DE CASTAÑEDA 2018

DESFILE EN SAN MARTIN DE CASTAÑEDA 2018

En esta ocasión tivemos a sorte de ser convidados a participar no Desfile de Entroidos Tradicionais que se celebrou na localidad de San Martín de Castañeda, na comarca de Sanabria (Zamora), xunto coa participación de outros interesantes entroidos tanto de España como de Portugal. Trátase dun pobo situado nun marco incomparable co fondo paisaxístico do Lago de Sanabria. Disfrutamos moitísimo tanto no desfile como na cea e, por suposto, na festa posterior. Foi un auténtico placer e non podemos deixar…

Ler máis Ler máis

A BUGIADA

A BUGIADA

Cada ano, nun pobo sito a poucos quilómetros da ciudade de Porto (Portugal) chamado Sobrado, pertencente ao concello de Valongo, celébrase o día de San Joao. Trátase dunha festa de increíbles dimensións que promulga e rememora a loita que mantiveron os cristianos do lugar (representados polos “Bugios”) contra os moros (os “Mourisqueiros”); una disputa por recuperar a imaxe roubada e supostamente milagreiraa de San Joao. Esta festa recibe o nome de “A Bugiada”. A narrativa que evoca este acto festivo…

Ler máis Ler máis

XIII FESTIVAL INTERNACIONAL DA MASCARADA IBERICA

XIII FESTIVAL INTERNACIONAL DA MASCARADA IBERICA

Foi un verdadeiro placer e unha enorme satisfacción ter a oportunidade de participar na XIII Edición da Mascarada Ibérica celebrada no lugar de Belém, en Lisboa, xunto ao resto de compañeiros representantes do Entroido de Samede. Éste é un evento espectacular e estivo perfectamente organizado polo FIMI. Encantounos tanto a posibilidade de poder formar parte do evento como de poder fotografar dende dentro a alguns dos máis de 500 participantes no desfile, chegados de varias partes da Península Ibérica e incluso…

Ler máis Ler máis

DESFILE DE MAZCARETOS Y ANTRUEJOS EN ASTORGA

DESFILE DE MAZCARETOS Y ANTRUEJOS EN ASTORGA

Arredor de catrocentas persoas participaron, o pasado 21 de abril do 2018, no desfile de Antruejos y Mascaretos celebrado na localidade leonesa de Astorga. O desfile percorreu varias ruas do centro da ciudade, para achegar aos leoneses e demáis visitantes, as características que os entroidos desta provincia teñen cos do país veciño Portugal. Tratábase dun intercambio cultural que estaba centrado nas máscaras tradicionais das festas de inverno, como son os Entroidos tradicionais. A veira dun centenar de participantes chegaron a…

Ler máis Ler máis

“OS CAMPANONES” QUINTANILLA DE YUSO

“OS CAMPANONES” QUINTANILLA DE YUSO

Resulta rechamante a estrana data en que se celebran “Os campanones” de Quintanilla de Yuso. Ata onde lembran os máis maiores, esta mascarada celebrouse «sempre» o domingo de Pascua ou de Resurrección, ao remate da Semana Santa. Este ano o párroco, adiantou a misa ao sábado e houbo que adaptarse. Quintanilla atópase nun val inmediato ao río Eria, a 1.072 m de altitude, forma parte do municipio de Truchas. Nós chegamos a pequeña aldea preto de mediodía e sorprendeunos as poucas trazas…

Ler máis Ler máis

AS BONITAS DE SANDE

AS BONITAS DE SANDE

    “Os científicos dín que estamos feitos de átomos pero a mín contoume un bo amigo que estamos feitos de historias” A historia que vos conto hoxe, sucedeu durante o desfile en Valdesoto. Detrás de nós,  desfilaban “As Bonitas de Sande”. Pasabamos preto dunha casa, onde unha nena duns cinco ou seis anos contemplaba o desfile. De repente, Antonio Sousa, das “Bonitas” o vela deu un chimpo, saltando un pequeno valo pra ir correndo onda a nena que, saíu disparada cara a…

Ler máis Ler máis

“XORNAES DE MAZCARAES” VALDESOTO (ASTURIAS)

“XORNAES DE MAZCARAES” VALDESOTO (ASTURIAS)

Os do Entroido de Samede fomos convidados a participar na Mazcarada de Valdesoto. Aceptámo-lo reto sin expectativas, con ilusión e moitas ganas de disfrutar da experiencia. Os Sidros e Comedies puxéronnolo doado, facéndonos sentir como “ese” algo especial. Canta xente expléndida atopamos por estas tierras asturianas. Non poderíamos saber atopado mellor lugar para iniciarnos nesta aventura dos “Desfiles de Máscaras e Entroidos, porque aínda que cometemos erros propios da inexperiencia, o apoio de Pablo e do resto de compoñentes dos…

Ler máis Ler máis