O Policarpio 2021

O Policarpio 2021

“O levantamento do Policarpio”

Os mozos da aldea de Samede, licenciados nese ano (eran os encargados de face-lo entroido). Xuntábanse todos unha noite de lúa chea para saír a roubar un piñeiro ou un eucalipto que fose o máis grande posible, para colgar del ó Policarpio. Todos os que aínda viven lembran ese momento con moita ledicia, polo ben que o pasaban, xa que para eles esa noite era unha auténtica festa.

A principios dos anos 60, lembran que un ano non había entroido porque, entre outros motivos, as gañas de entroido xa estaba decaendo e a piques de rematar. Nunha casa da aldea, pola tardiña, estaban cocendo e o pai díxolle ó rapaz: – “Era boa cousa facer un “farandulo” e poñerlle esa ghaliña vella nunha caixa e levalo pola noite á outra punta da aldea.”

O rapaz preparou todo e á noitiña foi poñer o Policarpio sen que o vise ninguén a así non se soubese quen fora.

Ésta foi unha gran sorpresa para toda a aldea e fixo moita ilusión que, a pesar de non poder celebrar o entroido, non se perdera a tradición de poñer o meco.

Dende que recuperamos o noso Entroido de Samede, xa non temos “necesidade” de ir roubar o piñeiro a ninguén, certo é que tampouco somos moitos para facelo, pero aínda asi xuntámonos un pequeno grupiño da veciñanza cheos de ilusión para tratar de manter viva esa tradición e ires buscar o pao dónde máis tarde colgarase ao meco do Policarpio.

Este pasado domingo era xusto o día de colgalo enriba do pao, pero dadas as circunstancias especiais de este ano, decidimos polo a ras da estrada, coa sua “namorada”, xa que este ano 2021 o Entroido ben a coincidir cunha data de moito AMOR.

Non foi tarefa doada, pola falta de xente, o peso do moco e demais historias dificultaron o chollo, pero fomos que de “plantalo” sen que faltase unha boa dose de risas e bromas de por medio.

Para nós as tradicións están moi vivas, pois no só as celebramos senón que as “vivimos” pero este ano 2021 non fixemos anuncio do “Levantamento do Policarpio” nin anunciaremos a celebración do noso Entroido, polo que pedimos que ninguén acuda ao lugar xa que as circunstancias non acompañan e gustaríamos poder vivir o Entroido coa nosa ilusión e na nosa intimidade.

Participación cando se pode e respeto cando é necesario.

Un comentario en «O Policarpio 2021»

Deixa una resposta a Sandri Nha Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *