RETRATOS DO NOSO

RETRATOS DO NOSO

O “Entroido” que tanto nos gusta, e que tanto disfrutamos, quedou truncado. Da moita rabia ter que renunciar a algo do que realmente disfrutas, pero non nos queda outra…

Proxectos para os que moitas persoas invertiron o seu tempo, esforzo e ilusións, sobre todo ilusións!!! (sí, vale! Seguro que mais adiante podremos facelo, pero non sabemos con certeza cando será ese momento). Plans rotos por todos lados!!!

Suspendéronse todas as xuntanzas que tiñamos previstas, e prohibíronnos abrazarnos, tocarnos, bicarse, bailar… Tivemos que adaptar as nosas vidas a unha nova situación totalmente inesperada e que nunca antes viviramos.

Temos que atopar a maneira, sexa cal sexa, para permanecer unidos. Os virus non soportan á xente feliz. Necesitamos continuar vivindo e que o medo non nos poña en modo “pausa”, temos que escaparlle á tristura. E, cal é a mellor menciña? Pois… a música, o baile, o humor, a leria… e o Entroido mistura todo isto. Por iso, cando o noso fotógrafo de cabeceira tivo a idea de facer unha reportaxe fotográfica na nosa aldea non o dubidamos. As gañas que tiñamos de Entroido quedan ben reflexadas nestas imáxenes que agardamos disfrutedes e vos gusten tanto coma a nós.

Ésta é unha pequena mostra de todo o que fixemos, un simple adianto do que vos iremos amosando pouco a pouco.


7 comentarios en «RETRATOS DO NOSO»

Deixa una resposta a Rosario das Marías Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *