DESFILE DE ENTROIDOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

DESFILE DE ENTROIDOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Galicia conta cunha fonda e ancestral tradición “entroideira” (e que non nos malinterpreten co término os “puristas” e estudosos do tema). “O Entroido” é, sin lugar a dubidas, unha das maiores expresións festivas da cultura galega. Os seus oríxenes non están moi claros, uns din que se remonta á época dos Celtas, pero outros sitúano moito antes; o que sí é unha certeza é a época de celebración, que ten lugar coincidindo coa despedida dos longos e duros días do invierno para dar paso a unha nova e renovada Estación.

O Entroido ven significando, dende sempre, a volta do mundo ao revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles.

Nós non somos antropólogos, nin o pretendemos, pero temos claro que, si alguén quere empaparse de todas estas centenarias tradicións deberá percorrer as innumerables aldeas e localidades de toda Galicia. Dende logo ésa é a mellor opción, xa que cada Entroido é moi diferente e o lugar dónde se “vive” con toda a sua intensidade é no propio espacio físico que o envolve; aínda que esta pode supoñer unha tarefa laboriosa e esgotadora pola sua complexidade.

Este año hemos tivemos a oportunidade de ver una representación de algúns de estos Entroidos nun desfile que concentrou, na ciudade histórica de Santiago de Compostela, aos nove Entroidos galegos que posúen a Declaración Oficial de Interese Turístico. Ademáis de estos nove, tamén participaron en dito desfile outros catro Entroidos “convidados”, os cales non desmerecen nada en vistosidade e colorido. Todos xuntos ofrecen un espectáculo único que deixou boquiabertos a cada un dos turistas, peregrinos e camiñantes que se atopaban ese día na capital galega.

O desfile percorreu as ruas máis representativas do casco antiguo de Santiago para rematar na Plaza do Obradoiro inundando esta de estruendo e colorido.

Eiquí preséntamosvos unha selección de dito desfile. Agardamos que cada un dos participantes se sinta identificado nas fotografías, aínda que anímote a que visites cada unha das vilas e aldeas dónde se celebran éstos y outros moitos entroidos de gran interés que aquí non tuvieron a oportunidade de participar, pero que igualmente nutren a nosa “terra” de h historia e tradicions sen igual.

Se queres ver moitas mais imaxes desta concentración de Entroidos non dubides en ver este video que tes a continuación.

Fotos: © Fernando Berani.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *