Navegación por
Categoría: Cousas do noso Entroido

Todo o relacionado directamente co Entroido de Samede.

Libro “HISTORIA E RECUPERACIÓN DO ENTROIDO DE SAMEDE”

Libro “HISTORIA E RECUPERACIÓN DO ENTROIDO DE SAMEDE”

A miña ledicia é completa ao ver que se fixo realidade o meu soño de ter posto un pequeno gran de area na recuperación e posta en valor do noso “casi esquecido” Entroido de Samede. Agardo que esta felicidade que eu sinto contaxie a todos aqueles que viviron esta festa en primeira persoa e, como non, aos seus descendentes e familiares. Cando Pedro de Maceira me dixo: _ “Que mágoa que non haxa quen escriba sobre o Entroido. Imos morrer…

Ler máis Ler máis

O DOMINGO DAS AIRAS 2019

O DOMINGO DAS AIRAS 2019

Un ano mais, o Domingo de Entroido mais saímos os de Samede a percorrer as airas da nosa aldea para levar aos nosos veciños un pouco de ledicia, música, baile, humor e colorido. Un ano máis, e a pesares da choiva, disfrutamos moito achegándonos á vida da xente coa que convivimos. É un orgullo poder seguir disfrutando con este Entroido e seguir compartindo cultura, tradicións e Vida cos nosos devanceiros e coas futuras xeracións. Este ano ademais, tivemos a sorte…

Ler máis Ler máis

O POLICARPIO

O POLICARPIO

            Roubaban o pino! – “Eu teño axudado a ir buscalo pino… Facíamos unha xuntaza de noite, despois saíamos de ahí monte abaixo, chegababamos a un sitio e os que puideramos co pino…  non sabes? Nin sabíamos de quen era nin nada! Namais deciamos: Este pino ben se pode con él! Conviña traelo o máis grande posible porque despois vendíaselle ó maderista e eses cartos ían para axuda da festa, porque había que facelo Entroido mailo San Xulián. Temos ido…

Ler máis Ler máis

O DOMINGO DAS AIRAS 2018

O DOMINGO DAS AIRAS 2018

“Mon sumamos días, sumamos instantes, suspiros, sorrisos, días marabillosos… Iso ao que, en definitiva, adoitamos chamar Vida” (John Lennon). Deste xeito, á Vida, lle correspondemos @s do Entroido de Samede o Domingo das Airas; saíndo á choiva, aireando orgullosos o noso Entroido, achegándonos aos veciños e compartindo esa “Vida” con eles. O Domingo de Entroido é coma se fixeramos un percorrido ao noso interior a través das emocións, dos sentimentos, das experiencias que vivimos, que nos marcan dalgún xeito e…

Ler máis Ler máis

DANIEL MALLO

DANIEL MALLO

DANIEL MALLO Aproximadamente no ano 46, os contrarios ás máscaras contrataron a Daniel Mallo, ó acordeonista.  Xuntaron a un grupo de rapaces, As máscaras pequenas, lle chamaban! Formáranse dous equipos. Todo o mundo se foi cós pequenos, as máscaras grandes non levaran a ninguén. -As outras máscaras foron soas polas airas, uns ían diante, outros atrás e como o Mallo tocaba tan ben… -Dicía Cidro do Pinche: – Arrea Daniel que perdemos! Porque o Mallo… Mecago en dez! Era un dos mellores! – A…

Ler máis Ler máis

MARUJA DE XACOBE

MARUJA DE XACOBE

“A vida non é o que un vivíu, senón o que un lembra e como o lembra para contalo” (GABRIEL GARCÍA MARQUEZ) Cada vez que alguén da nosa comunidade falece, unha parte da nosa historia tamén se perde. Por iso é tan importante recuperar as historias que teñen os nosos petrucios para contarnos, porque, quen non coñece a súa aldea de orixe, xamáis atopará a aldea que busca. Hoxe, a nosa publicación vai adicada a celebrar a vida de “Maruja…

Ler máis Ler máis

CHEGOU O POLICARPIO

CHEGOU O POLICARPIO

Un mes antes do Entroido os mozos da aldea xuntábanse para saír de noite a roubar un pino ou un eucalipto o máis grande posible para colgar nel ao Policarpio. Todos lembran ese momento con moita ledicia polo ben que o pasaban. Nós hoxe xa non temos necesidade de ir roubar o eucalipto a ninguén, tampouco somos moitos para facelo, pero aínda así xuntámonos un pequeno grupiño de vecinos cheos de ilusión para manter viva esa tradición e ires buscar o pao dónde máis…

Ler máis Ler máis