O ENTROIDO DE SAMEDE 2019

O ENTROIDO DE SAMEDE 2019

Toca hoxe contar de cando che bailan bolboretas no embigo coa emoción,  coa ledicia e coa sorte  de participar, de saír aí fóra onde nada obedece ao que creemos…

 Toca hoxe admiar esas fotos que che enchen os ollos, esas que se fan de improviso, roubadas ó momento e  que deixan pegada en nós.

Porque non hai semántica que poida transcribir as emocións, pero si razóns polas que estamos aquí. Este ano, demos un paso máis en intentar involucrar a xente nova e quixemos que os máis pequenos participasen vestidos de máscaras con un pequeño baile que resultou ser un éxito.

Fan falta grandes días de pequenas cousas por aquí e por alá; por Samede tamén e oxalá se contaxie por todos lados, porque temos moito pendente por facer para conservar a nosa cultura e tradicións. Crear cada día, rompéndose se é preciso, crear cousas, sensacións, momentos…  porque é bo, porque suma e diso todos sabemos.

As persoas deberíamos de ser como pingas de auga unidas, formando ríos e regar as nosas tradicións, a nosa cultura como ás plantas, para que enraízen, medren e florezan.

 E parece que hai días coma estes do Entroido, que poida ser posible. A xente xúntase para ver e disfrutar da festa  pero  ainda toca perder o medo a quedar mal con iso de participar, de sentir e de vivir  o Entroido aquí, ou noutras aldeas. Nunca é tarde para asombrarse, soñar e aferrarse a valores.

Só necesitamos cambiar o prisma a unha forma moito máis sinxela, ó arrullo da vida…

Samede  obriganos cada día a algo máis; algo  que importe, intransferible, substancial ou non, tanto ten, se  conseguimos devolverlles un anaco da felicidade que sentiron coa festa ó remate do día. Lugares onde creemos que o tempo se toma un descanso e conmóvese ó facelo, detense… Se nada é realmente o que parece, vale a pena intentálo si se fai de corazón,

 Isto, repetiríamolo por mil anos, todos os días ata aprendelo.

Non podemos deixar de amosar o noso agradecemento a tod@s @s fotógraf@s que acudiron ó noso Entroido e que amablemente nos cederon as súas imáxenes. Nesta ocasión grazas especiais a Elisa Martins Alves e a jmdobarro por éstas que podedes ver deseguido. Moitas grazas a tod@s.

Vémonos o vindeiro ano 2020. Non faltes á cita. Lumeeee!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *