UNHA DÉCADA RECUPERANDO A NOSA TRADICIÓN!

UNHA DÉCADA RECUPERANDO A NOSA TRADICIÓN!

Celebramos co corazón cheo de agradecemento e emoción, que fai 10 anos que plantamos unha semilliña, e con ela fomos capaces de devolver á vida unha tradición que pensabamos xa estaba perdida para sempre.

Este logro non sería posible sen a memoria dos nosos maiores, e sen a dedicación, o amor e o esforzo, de todas as persoas que creron neste soño e que traballaron sen descanso para que fose unha realidade.Estamos inmensamente agradecidos aos que nos acompañaron todos estes anos, aportando o seu tempo, enerxía e paixón.

A aqueles que xa non están fisicamente aquí, pero cuxa memoria e legado seguen vivos en cada paso que damos para intentar que siga viva esta gran festa tradicional. Grazas a eles, hoxe podemos dicir, con orgullo, que “A nosa cultura e as nosas raíces son máis fortes que nunca”.

Este é un momento para lembrar, para celebrar, e para seguir construíndo xuntos. Que esta tradición siga sendo unha ponte entre xeracións, un reflexo da nosa identidade, e un recordatorio de que, cando traballamos xuntos, somos capaces de facer calquer cousa, como recuperar algo que xa estaba perdido.Moitísimas grazas a todos os que formastes parte desta historia!

Sigamos honrando o pasado mentres construímos o futuro. ????

De 2015…
….a 2025…e moitos máis!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *