XXIII Feira da Cebola Chata de Miño
Moitisimas grazas a Turismo de Miño e ao Concello de Miño por darnos a oportunidade de dar a coñecer o noso Entroido na Feira da Cebola Chata de Miño.
Somos moi conscientes de que a tradición morre se non se lle dá continuidade no tempo. Os nosos ancestros, nos anos 60, quixeron ir a Coruña mostrar a súa danza e non foron quen de facelo.
Nós, como herdeiros desta tradición, temos fachenda e tentamos que xamais esmoreza e se contaxie por toda a contorna.
#entroidizateconsamede #entroido #tradicion #rural #fachenda #cultura
#FeiraDaCebolaChatadeMiño #TurismodeMiño