LA VIJANERA
“A Vijanera” é a primeira mascarada do ano en toda Europa. Trátase dunha increíble celebración que se fai o primero domingo do ano, a menos que coincida co Ano Novo que entón trocaríase para o domingo seguinte. O seu lugar de celebración é a localidade cántabra de Silió. Nesta gran xuntanza festiva participan unhas 100 persoas (segundo a tradición todos eles deben ser varóns) encarnando ás diferentes persoaxes, como son:
O Danzarín Negro: tamén chamado Zorromoco, os Zarramacos, os Trapajeros, os Trapajones, a Zorra, o Zorrocloco, o Oso e o Amo, a Gorilona e o Húngaro, o Vello e a Vella, a Madama, o Mancebo e o Marquesiño, a Pepa, a Bruxa e a Zíngara, o Diaño, a Preñá e o seu marido, os Pasiegos, as Gilonas, o Cabaleiro, o Ojáncanu, o Indiano, os Xitanos, diferentes profesións, etc. etc. Todos eles, en conxunto, forman unha gran festa que cada ano congrega a máis público chegado de todos os rincóns da península e do resto de Europa. A Vijanera foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional e recibiu numerosos premios á sua laboura conservacionista.
Os actos comezan moi cediño. En primeiro lugar os máis xóvenes inícianse no rito arredor das 6 da mañá coa saída a tocar os “campanos”, percorrendo a vila e anunciando que estamos ante un día moi especial. A partires de ese intre os participantes comenzan a xuntarse nos lugares de reunión acordados. Xa a media mañá, comenzan a baixar do monte cara a vila por camiños entre montes para xuntarse todos nunha camposa por riba da vila, unha vez feita xa a captura do oso. Estando xa todos xuntos atravesan a vila e diríxense cara “A Raya” que non é outra cousa que o límite da vila, e dónde se pide guerra ou paz e deféndese os lindes. De seguido vólvese á “campa” por outras partes diferentes da vila e unha vez alí cántanse coplas, celébranse actos satíricos e prodúcese o parto da Preñá. Preto do remate, na praza da igrexa, dáselle morte ao oso e a partires de aí faise un percorrido polos bares da vila mentras haxa luz do día.
Sen dúbida unha experiencia única que merece ser vivida alo menos unha vez. Se vas a vela non te defraudará.
Queremos amosar o noso agradecemento a todas e cada unha das persoas que forman parte activa desta gran festa tradicional, pola acollida que nos diron, pola sua familiaridade e pola sua cercanía; e de un xeito especial a César e á sua familia por invitarnos e por permitirnos ser testigos privilexiados dos momentos máis íntimos de preparativos e reunións. É increíble o grado de conexión que teñen todas estas personas coa sua tradición, e alédanos moito ver cómo os nenos e adolescentes se contaxian desa maneira co que supón formar parte de La Vijanera, deixando constancia de que esta tradición ten aínda moito que ofrecer.
Se queres ver máis imáxenes desta reportaxe fai click aquí.