O DOMINGO DAS AIRAS 2018

O DOMINGO DAS AIRAS 2018

“Mon sumamos días, sumamos instantes, suspiros, sorrisos, días marabillosos… Iso ao que, en definitiva, adoitamos chamar Vida” (John Lennon).

Deste xeito, á Vida, lle correspondemos @s do Entroido de Samede o Domingo das Airas; saíndo á choiva, aireando orgullosos o noso Entroido, achegándonos aos veciños e compartindo esa “Vida” con eles. O Domingo de Entroido é coma se fixeramos un percorrido ao noso interior a través das emocións, dos sentimentos, das experiencias que vivimos, que nos marcan dalgún xeito e que nos fan ser como somos. Percorremos os camiños da nosa aldea como fixeron os nosos devanceiros, persoas que se deixaban fascinar polo extraordinario, xente espontánea, xente “llana”, íntegra e que non dubidaban en bailar, saltar ou o fixera falla. En definitiva, persoas creativas que tiñan maxia, aínda que non o souberan.

O certo é que as maiores tolemias son esas que se fan de súpeto, que nalgún intre sentimos, vivimos ou mesmo esas que nos paralizan, esas cousas que deixan pegada. Por iso, cada ano, dende que fomos quen de recuperar o noso Entroido, disfrutamos moito do percorrido pola aldea, sendo moi conscientes de que os nosos maiores vanse índo pouco a pouco, e que nós devemos seguir o seu exemplo e seguir os seus pasos no disfrutar de Vida, pois eles recórdannos que non ten ningún sentido non aprender a soñar, non aprender a voar, porque todo está ahí, agardándonos. Encántanos percibir ese cheiro a Vida, a inocencia, e sentir a súa aperta…

O Entroido é unha invitación a disfrutar, actuar e… coñecernos un pouco mais.

E ti… Atréveste?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *