O DOMINGO DAS AIRAS 2019
Un ano mais, o Domingo de Entroido mais saímos os de Samede a percorrer as airas da nosa aldea para levar aos nosos veciños un pouco de ledicia, música, baile, humor e colorido. Un ano máis, e a pesares da choiva, disfrutamos moito achegándonos á vida da xente coa que convivimos. É un orgullo poder seguir disfrutando con este Entroido e seguir compartindo cultura, tradicións e Vida cos nosos devanceiros e coas futuras xeracións.
Este ano ademais, tivemos a sorte de ir acompañados do gran fotógrafo Gabriel Tizón que inmortalizou o noso percorrido e nos regalou estas fantásticas imáxenes. Mil grazas.
Se o vindeiro ano che apetece non dubides en unirte a nós. Lumeeee!!!