O Documental
Non podemos estar mais orgullosos, agradecidos e contentos de poder amosarche este, para nós, fermoso documental sobre a historia e a recuperación do Entroido de Samede. Contentos, e moito, por ter tido a oportunidade de disfrutar cos testimonios dos nosos maiores e de palpar a sua fonda emoción ao falarnos de aquela “gran festa”; moi orgullosos de ter conseguido chegar ata aquí e de ter sido capaces de consolidar as lembranzas dos nosos ancestros nun documento coma éste, e tentar deste xeito salvaguardar unha parte do noso patrimonio inmaterial. E por suposto, moi agradecidos por varios motivos: Agradecidos á Reserva de Biosfera das Mariñas Coruñesas, que souperon ver o potencial dunha festa con tanto valor etnográfico e de apoiar económica e institucionalmente a este proxecto. Pero sobre todo, o noso mais profundo e sincero agradecemento vai para tod@s @s informantes por “regalarnos” un pedaciño da sua memoria e do seu corazón, por impregnarnos dos seus sentimentos e por habernos dado unha auténtica lección de sinxeleza, de fraternidade e de humanidade. E como non, moitas, moitas grazas a todos e todas @s que, de algún xeito, foron (e son hoxe) capaces de aportar os seus esforzos, adicar o seu tempo e a súa alegría para que, entre todos, poidamos seguir facendo un evento coma é o Entroido de Samede. Todos xuntos sumamos. Ti tamén sumas! E como dicían os nosos maiores: “Viva a unión carall…!!! Agardamos que disfrutes tanto coma nós con este humilde documento, que descubras con el unha festa da que os nosos ancestros sentíanse ben orgullosos e que con él tamén poida prender a “chispa” en ti para que, si queres e che apetece, tamén ti poidas formar parte del. “Sempre houbo mellor Entroido en Samede que en ningún sitio”