A XERACIÓN ESQUECIDA
Poidera parecer que as historias persoais de fai 60 anos estiveran mortas, ou esquecidas, pero… Sempre queda algo! e, as veces, simplemente é necesaria unha chispa para que a mente empece a bulir e encherse de recordos. As historias que che conta a xente maior son “datos con alma”, son marabillosas, pero fai falla que pase un tempo para darnos conta do seu verdadeiro valor. O interese por “o de antes” acostuma a chegarnos coa idade, cando de súpeto te plantexas: Qué lle debemos á xente que nos precedeu?, Qué foi o que compartimos con eles?, Cal é o legado que nos deixaron e qué valor lle estamos dando nós?
Todo isto rondaba polas nosas cabeciñas e por iso, no ano 2015 un grupiño de persoas (adultos e nenos) de distinta procedencia pero cun nexo común, quixemos devolverlles á xente maior da nosa aldea un pouquiño da sua “historia” e tentamos facer unha humilde recreación de algo que moitos deles aínda recordan moi ben e que añoran intensamente.
Percorremo-la aldea na procura de fotos antiguas, de contos e anécdotas persoales, da memoria dos que aínda viven para contalas. Foi un exercicio de humanidade que recomendamos a calquera, e sobre maneira a todos aqueles que teñen a sorte de vivir no rural ou os seus devanceiros foron “da aldea”. A experiencia enriqueceunos de tal xeito que sentimos unha enorme gratitude e admiración hacia tod@s eles, xa que non só nos abriron as suas casas, senón que tamén nos abriron o seu corazón.
Foi emocionante o “experimento” de tentar recrear un poquiño do Entroido de Samede que os maiores lembraban: buscar roupa axeitada e que mostrase esa alegría e vistosidade que a caracterizaba, decora-los sombreiros coas plumas e flores, xuntar a todo-los maiores que o viviron en primeira persoa e tentar que non se diran conta de qué era o que andabamos a argallar; e sobre maneira foi increíble verlle-las suas caras de asombro e incredulidade cando nos viron aparecer vestidos desa “guisa”. Pasámolo realmente be e, dende logo, non o esqueceremos xamais.
Non aspiramos á recreación exacta daquel espectacular Entroido de fai 60 anos, porque somos conscientes de qué é casi imposible; simplemente, e co máximo respeto, tratamos de devolverlles un pedaciño do seu pasado como eles e elas o recordaron.
Moitas grazas a tod@s os que apoiaron e participaron desta iniciativa e grazas a tod@s os que nos regalaron unha pequena parte da sua vida.