AS BONITAS DE SANDE
“Os científicos dín que estamos feitos de átomos pero a mín contoume un bo amigo que estamos feitos de historias”
A historia que vos conto hoxe, sucedeu durante o desfile en Valdesoto.
Detrás de nós, desfilaban “As Bonitas de Sande”.
Pasabamos preto dunha casa, onde unha nena duns cinco ou seis anos contemplaba o desfile. De repente, Antonio Sousa, das “Bonitas” o vela deu un chimpo,
saltando un pequeno valo pra ir correndo onda a nena que, saíu disparada cara a casa, sen decatarse que Antonio fracasara no seu intento ó caer na camposa.
Moito me rín ollando aquela escea e pensei: “Deus é xusto”, pensando no susto que acababa de levar a nena. Fernando Berani, sempre atento o que poida ocorrer, foi quen de retratar este intre.
Con sorpresa, atopei aquela nena máis adiante xunto có seu irmán, na beira da estrada ollando o desfile. Acheguéime a preguntarlle si se asustara có acontecido antes. Non me decatei que eu tiña a cara tapada cun pano, xa que ía caracterizada de “Carolo” toda vestida de branco. Ela preguntoume:
– Ti quen eres? Destapei a cara e antes que puidera contestarlle, seu irmán díxolle:
– É unha noiva! Non a ves?
Sorrindo pensei: Bendita inocencia!
“A miña tarefa foi a dunha simple tecelá, non merezo o mérito do algodón nin do liño”
ANTHONY MELLO.