BLOG

ENTROIDO SAMEDE 2020

ENTROIDO SAMEDE 2020

Xa temos listo o cartaz para o noso Entroido de este ano 2020. Damos as grazas a o artista Javier Marinas polo seu gran traballo e pola súa colaboración. Agardámosvos a tod@s o vindeiro 01 de Marzo para bailar, rir, participar e, sobre maneira, para disfrutar a tope con todos nós. Se tes roupa tradicional, ou prefires vestirte ou disfrazarte con algo antiguo e divertido, estás convidad@ e… Ben seguro que non te arrepintes. Entroidízate con Samede!!! Lumeeee!!!

Subida do Policarpio 2020

Subida do Policarpio 2020

Un ano mais houbo xuntanza da “rapacería” para ir busca-lo “alcolitro” e colgar del o noso boneco “Policarpio”. As imaxes falan por sí solas. Viva o Entroido de Samede e viva a súa “xentiña”!!! LUMEEEE!!!

Samede vai a Bulgaria

Samede vai a Bulgaria

Un grupiño de “tolos” polas Tradicións, e polos Entroidos Tradicionais en particular, imos viaxar a Bulgaria para “espallar” un pouquiño da nosa cultura inmaterial polo mundo adiante. Sen axudas institucionais nin de outro tipo, simplemente co esforzo persoal e económico de cada un dos participantes algunha pequeniña axuda de un par de firmas comerciais, seremos quen de achegar un chisquiño do noso “país” a un dos lugares con mais tradicón en mascaradas ancestrais de todo o mundo, e de Europa…

Ler máis Ler máis

ViBoMask 2020

ViBoMask 2020

O noso Entroido foi convidado a participar na VI Edición da Mascarada Ibérica que se celebra os días 11-12 de xaneiro do 2020 en Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Alí estaremos xunto co resto de 46 grupos de mascaradas de España, Portugal e Italia. Sempre é unha honra poder participar e aportar o noso gran de area neste tipo de xuntanzas, estreitando lazos co resto de mascaradas. Entrodízate con Samede!!!

Panxoliña de Samede

Panxoliña de Samede

Non hai coma recibir o tempo do Nadal con un pouco de humor. E si algo nos caracteriza ós integrantes do Entroido de Samede é a alegría, e o sentido do humor. Así que, con todo o noso cariño, e con poucas “dotes artísticas” pero votándolle moito peito vos deixamos unha panxoliña para que vos vaiades metendo en ambiente.

I XUNTANZA TRADICIONAL EN SAMEDE

I XUNTANZA TRADICIONAL EN SAMEDE

Ocorreu que por primeira vez a nosa pequena parroquia recibiu a visita doutro Entroido, e non podiamos ter mellor sorte que contar cos nosos grandes amigos “Os Sidros” de Valdesoto (Asturias). Un honor e un auténtico orgullo ter sido os seus anfitrións e poder disfrutar con eles dun día insquecibel. Si aínda podía medrar a nosa ledicia tamén contamos neste día coa compañía de outro referente no mundo da máscara e dos Entroidos; nin mais nin menos que Mercedes Vázquez…

Ler máis Ler máis

Libro “HISTORIA E RECUPERACIÓN DO ENTROIDO DE SAMEDE”

Libro “HISTORIA E RECUPERACIÓN DO ENTROIDO DE SAMEDE”

A miña ledicia é completa ao ver que se fixo realidade o meu soño de ter posto un pequeno gran de area na recuperación e posta en valor do noso “casi esquecido” Entroido de Samede. Agardo que esta felicidade que eu sinto contaxie a todos aqueles que viviron esta festa en primeira persoa e, como non, aos seus descendentes e familiares. Cando Pedro de Maceira me dixo: _ “Que mágoa que non haxa quen escriba sobre o Entroido. Imos morrer…

Ler máis Ler máis