Navegación por
Categoría: Miscelánea Entroideira

No mundo dos entroidos e mascaradas hai unha misturanza de sons, roupas, adornos, e persoaxe do mais diferente, e todo é do noso interese.

Charla sobre o Entroido do Courel.

Charla sobre o Entroido do Courel.

Nesta ocasión fomos convidados pola SAGA a participar nunha das suas interesantes charlas, nesta ocasión falando de outro Entroido recuperado do esquecemento. E que mellor maneira de facelo que co noso “fotógrafo de cabeceira” e tamén entroideiro de Samede, Fernando (de Zenay Studio), que se desplazou ata alí para captar coa sua cámara a primeira saída dos personaxes do entroido courelá polas diferentes aldeas da contorna.

Xornadas online “Entroidos de Galicia”

Xornadas online “Entroidos de Galicia”

Nesta ocasión temos o gusto de participar nas Charlas organizadas por “Orgullo Galego” para falar do noso Entroido. Nestas interesantes xornadas compartiremos cartaz con outros compañeiros e compañeiras de algúns dos mais interesantes entroidos da nosa Comunidade Autónoma. Podedes ver a charla completa no vídeo a continuación:

Panxoliña de Samede

Panxoliña de Samede

Non hai coma recibir o tempo do Nadal con un pouco de humor. E si algo nos caracteriza ós integrantes do Entroido de Samede é a alegría, e o sentido do humor. Así que, con todo o noso cariño, e con poucas “dotes artísticas” pero votándolle moito peito vos deixamos unha panxoliña para que vos vaiades metendo en ambiente.

DESFILE DE ENTROIDOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

DESFILE DE ENTROIDOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Galicia conta cunha fonda e ancestral tradición “entroideira” (e que non nos malinterpreten co término os “puristas” e estudosos do tema). “O Entroido” é, sin lugar a dubidas, unha das maiores expresións festivas da cultura galega. Os seus oríxenes non están moi claros, uns din que se remonta á época dos Celtas, pero outros sitúano moito antes; o que sí é unha certeza é a época de celebración, que ten lugar coincidindo coa despedida dos longos e duros días do…

Ler máis Ler máis