Samede vai a Bulgaria
Un grupiño de “tolos” polas Tradicións, e polos Entroidos Tradicionais en particular, imos viaxar a Bulgaria para “espallar” un pouquiño da nosa cultura inmaterial polo mundo adiante.
Sen axudas institucionais nin de outro tipo, simplemente co esforzo persoal e económico de cada un dos participantes algunha pequeniña axuda de un par de firmas comerciais, seremos quen de achegar un chisquiño do noso “país” a un dos lugares con mais tradicón en mascaradas ancestrais de todo o mundo, e de Europa en particular.
E todo isto por que?… Pois pola nosa cultura!