I XUNTANZA TRADICIONAL EN SAMEDE

I XUNTANZA TRADICIONAL EN SAMEDE

Ocorreu que por primeira vez a nosa pequena parroquia recibiu a visita doutro Entroido, e non podiamos ter mellor sorte que contar cos nosos grandes amigos “Os Sidros” de Valdesoto (Asturias).
Un honor e un auténtico orgullo ter sido os seus anfitrións e poder disfrutar con eles dun día insquecibel.
Si aínda podía medrar a nosa ledicia tamén contamos neste día coa compañía de outro referente no mundo da máscara e dos Entroidos; nin mais nin menos que Mercedes Vázquez Saavedra e Moncho. Qué mais podiamos pedir para a presentación oficial do noso libro? Pois aínda houbo máis emocións! Os nosos maiores en primeira fila; eles foron, sen dúbida, os auténticos protagonistas desta gran xornada.
Ésta é unha reportaxe que tenta amosar o moito que disfrutamos.
“CELEBRA AS TUAS PROPIAS VICTORIAS, PORQUE NINGUÉN MÁIS ENTENDE O QUE CHE COSTOU ALCANZALAS”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *