Libro “HISTORIA E RECUPERACIÓN DO ENTROIDO DE SAMEDE”

Libro “HISTORIA E RECUPERACIÓN DO ENTROIDO DE SAMEDE”

A miña ledicia é completa ao ver que se fixo realidade o meu soño de ter posto un pequeno gran de area na recuperación e posta en valor do noso “casi esquecido” Entroido de Samede. Agardo que esta felicidade que eu sinto contaxie a todos aqueles que viviron esta festa en primeira persoa e, como non, aos seus descendentes e familiares.

Cando Pedro de Maceira me dixo:
_ “Que mágoa que non haxa quen escriba sobre o Entroido. Imos morrer os que aínda recordamos e vivimos aquela festa e xa se olvidará para sempre, pois ninguén se acordará para contala!”
Eu díxenlle:
_ “Non te preocupes Pedro, de escribilo encárgome eu!” Pensando en facer unha simple redacción… Pero o universo quixo que a historia do noso Entroido rematase recollida neste libro. Asumir a tarefa de escribir o libro foi para min o mellor camiño para achegarme á alma desta aldea.
Non aspiro a unha recreación exacta, nin a emular o traballo dun historiador, sinxelamente pretendo compartir a súa historia tal como eles a lembran, sendo consciente de que as emocións son intransferibles.

Moitas grazas Fernando Berani Fotografía, pola foto ??

Ledicia completa ao verse feito realidade o soño de ter posto un pequeno gran de area na recuperación e posta en valor do noso casi esquecido Entroido de Samede.

Non te quedes sin o teu exemplar do libro do “Entroido de Samede”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *