OS REISES DO VALLEDOR

OS REISES DO VALLEDOR

Alde de Fonteta

Despois de cincuenta anos esquecida, no ano 2009 conseguiuse recuperar a tradición de “Os Reises”, na rexión asturiana do Valledor, pertencente ao concello de Allande. Grazas ao esforzo feito pola Asociación “Amigos de Fonteta” (unha das vilas do Valledor) foron quén de recuperar esta singular xuntanza anual que destila autenticidade e que ten lugar entre música, peticións, bailes, cancións e “trastadas” varias.

A comitiva consta de once personaxes habituais, que van acompañados de algún gaiteiro, tambor e acordeonista. Percorren as aldeas de Villalaín, San Salvador e Fonteta, parando en cada casa habitada (menos naqulas que tiveran algún falecemento ese ano) pedindo o aguinaldo. Soe encabezar o grupo o “Choqueiro” facendo soar as “lluecas” (chocas) que leva colgadas á cintura, síguenlle os guapos e os feos, entre eles o Militar e o Valenciano coas respectivas Madamas, dispostos a cantar e bailar non sin antes pedir permiso para facelo dicindo: “¿Cantamos ou andamos? e si a resposta é “cantamos” entonan sempre unha mesma melodía que di: “Aquí venimos cuatro, cantaremos dos, denos el aguinaldo señora por Dios…” Unha vez cantada “A Gocha” recolle os regalos ofrecidos nun saco que se leva para despois compartilo todo o grupo. Mentras tanto, o resto da comitiva andan facendo trastadas por todos lados: o Maragato encargándose de que ninguén pase sen un bocadiño de nabo e pesando na sua romana os peitos das mulleres e as “partes nobles” dos homes asistentes, a Barredora que ensucia máis do que limpia, a Cardadora sempre nas suas labores de atopar piollos no pelo da xente máis que de cardar a lá, o Ródalo continuamente facendo trasnadas, tirando terra, pedras, leña apilada, atravesando paos nos camiños ou quitando gorros e levantando saias.

Ao remate da xornada faise unha comida de fraternidade para todos os participantes e á que están convidados todos os asistentes, na cal non falta a música e os bailes tradicionais.

Non te perdas esta mazcarada, merece moito a pena e… o lugar é increíble.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *